Na miña familia din que son coma un toxo. Realmente coñécenme pouco porque no fondo son un sentimental. Quizais afirmen iso porque nos últimos 10 anos só chorase dúas veces que foron cando morreron os meus avós. Pode ser que só chorase porque a única cousa que non ten solución nesta vida é a morte.

Esta semana saíaseme unha bágoa. E o peor de todo é que tiña solución se non fose pola miña pasividade…

Na categoría Persoal | 1 Comentario

Summer’s Remember…

Mañá outra vez a desfrutar da animación no tempo libre en San Xoán de Río. Espero que me axude a desconectar que xa me chega de darlle aos miolos…

Na categoría Persoal | 1 Comentario

Teño que dicir que é unha das ocasións nas que me sinto MOI orgulloso do meu comportamento. De poder dicir que me deixei a pel aínda que os resultados non fosen os que se agardaban. De tódolos xeitos dame que haberá unha revancha… e gústame MOITO esa idea. E non me estou referindo a estudar… senón a algo máis importante… seguir madurando coma persoa

Na categoría Persoal | 1 Comentario

Quen lle pon o cascabel ao gato?

Eu sei
Ti sabes
El sabe
Ela non sabe
Nós sabemos
Vós sabedes
Eles saben

 Vaia putada… quen lle pon o cascabel ao gato?

Na categoría Persoal | 2 Comentarios

Propósitos de aninovo…

O cumplimento dos propósitos de aninovo son inversamente proporcionais ao número de veces que os pregonamos aos catro ventos…

Na categoría Leis de Murphy, Persoal | Leave a comment

«Vale más cualquier quimera…
que un trozo de tela triste»

Na categoría "Si te preguntan que emisora escuchas..." | 2 Comentarios

Evolución…

Facía moito que non escribía aquí. Xa nin o lembro, pero según puiden ver, dende setembro. A verdade é que podo afirmar que a tranquilidade é a miña compañeira de viaxe nestas últimas datas. Pero coido que chegan épocas de cambios, mellor dito de evolución. Todo nesta vida ten que evolucionar conservando a súa esencia. Sobre todo as persoas.

Na categoría Persoal | Leave a comment

O home é a única persoa capaz de tropezar dúas veces na mesma rocha…

…ou tres

Na categoría Persoal | 1 Comentario

Nena… ghastas pista?

Viña eu camiñando para casa, e como ía escoitando música e xurdiume unha dúbida inquietante: …. mosquis… desapareceu a febre da canción do verano?

O certo é que mentres chegaba e non chegaba fun facendo memoria das que lembraba e aquí unhas mostras.

E hai moitas máis, pero tampouco era plan de poñelas todas.

Na categoría "Si te preguntan que emisora escuchas..." | Leave a comment

Xa vai un ano…

Nun ano pasan moitas cousas. De feito tódolos días pasan moitas cousas, o que pasa é que non lle damos importancia ou estamos tan acostumados a que pasen que, realmente, danos un pouco igual.

Non é que eu teña un don para a escritura; nin moito menos. Quizá o que escriba niste blog as veces non teña nin sentido, pero o caso é que na maioría das veces sirve como válvula de escape. Xa que eu son moi parco en palabras e me custa moito abrirme aos demais pois isto contribúe a contrarrestar.

Agora mesmo cheguei a casa. Fun tomar algo por aí cuns colegas, pero atopeime tan fóra de sitio que optei por voltar. E fíxeno nun coche de policía (Que sensación!). O caso é que se me deu por facer un repaso do blog ( o cal tiña medio esquecido nestes últimos tempos, por falta de tempo principalmente) e descubrín que cumpría un ano. O certo é que despois desta lectura decátaste de que estás a facer un repaso da túa vida; dende o baloncesto, ata os estudos pasando por amores e desamores camuflados nos escritos ou tamén as reflexións máis disparatadas que poidan xurdir dos soños. Se paras a pensar un chisco, descubres que a vida dá moitas voltas e realmente é o que lle dá aliciente á mesma.

Aínda queda algunha que outra cousa que contar, pero como dicían na película… «todo o seu debido tempo». Un saúdo a aqueles que perdan o seu valioso tempo lendo isto.

Na categoría Persoal | 2 Comentarios