AI!

Bloged in Caixón de xastre ou desastre?? by pandeiradasideral Sábado Setembro 30, 2006

Coido que me falta veleno e me sobran bos propósitos. Hai demasiada xente e moi poucas persoas na miña cidade….

Á deriva…

Bloged in Caixón de xastre ou desastre??, Persoal by pandeiradasideral Sábado Setembro 30, 2006

Ás veces pensaba que ía á deriva. Coma unha aceituna nun vaso con Martini. Dando tumbos. Sen rumbo. Non tiña porto ó que chegar… Intentaba atopar o faro que me guiase. E sigo na procura. Non me virían mal un caderno de bitácora máis un mapa e un compás.

…Pero sei que cada día estou máis preto de atopar a ruta que me leve a destino concreto.

E que nome terá o porto??

 

 

Casualidades…

Bloged in Caixón de xastre ou desastre?? by pandeiradasideral Venres Setembro 29, 2006

Ía paseniño. Como lle gustaba. Atopuse, por casualidade, a un coñecido e este avisouno de que por outro lado tamén o estaban a saudar. Nun primeiro intre fíxose o “sueco” pero non tardou moito en respostar o saúdo. “Polo menos hai que ser educado” cavilou. Convidárono a sentar e falar un pouco e non o rexeitou. O coñecido non lle quitaba ollo de enriba. Observaba os seus movementos. Se cadra nunca o vira tan solto. Os seus amigos decidiron irse. Estaban cansos ou querían dar outra volta. Animárono a que quedase alí. Nun primeiro intre pensou que se ía arrepentir de continuar alí. Despois, pasado un tempo (tampouco moito) cre que o simple feito de sentar alí, naquel intre puido ser do mellor que lle aconteceu. Mágoa non ter unha máquina do tempo pra repetir. 

 Coma en “Los Amantes del Círculo Polar” podería contar a súa vida unindo casualidades. E estaba agardando outra. A máis grande da súa vida.

 

Hai persoas que non cren nas casualidades. Eu sí.

Desexos (parte 3)…

Bloged in Persoal by pandeiradasideral Xoves Setembro 28, 2006

soplasemillas.jpg

A miña mochila leva desexos que repartir a todo o mundo. Aínda que non se note. O meu mellor desexo….que se cumplan os vosos mellores desexos. Só con soprar unhas velas dun pastel ou un dente de león se farán realidade. Regalo desexos. Pídeme o que queiras e direi que sí…

 

Sen “U”

Bloged in Contos, Persoal by pandeiradasideral Mércores Setembro 27, 2006

u.gif

Caminaba distraídamente por el camino y de pronto lo vio. 

Allí estaba el imponente espejo de mano, al costado del sendero, Como esperándolo. 

Se acercó, lo alzó y se miró en él. 

Se vio bien. 

No se vio tan joven , pero los años habían sido bastante bondadosos con él. 

Sin embargo, había algo desagradable en la imagen de sí mismo. 

Cierta rigidez en los gestos lo conectaba con los aspectos más agrios de la propia historia: 

La bronca, 

el desprecio, 

la agresión, 

el abandono, 

la soledad. 

Sintió la tentación de llevárselo, pero rápidamente desechó esa idea. 

Ya había bastantes cosas desagradables en el planeta para cargar con otra más. 

Decidió irse y olvidar para siempre ese camino y ese espejo insolente. 

Caminó por horas tratando de vencer la tentación de volver atrás hacia el espejo. Ese misterioso objeto lo atraía como los imanes atraen a los metales. 

Resistió y aceleró el paso. 

Tarareaba canciones infantiles para no pensar en esa imagen horrible de sí mismo. 

Corriendo, llegó a la casa donde había vivido desde siempre, se metió vestido en la cama y se tapó la cabeza con las sábanas. 

Ya no veía el exterior, ni el sendero, ni el espejo, ni la imagen de él mismo reflejada en el espejo; pero no podía evitar la memoria de esa imagen: 

la del resentimiento, 

la del dolor, 

la de la soledad, 

la del desamor, 

la del miedo, 

la del menosprecio. 

Había ciertas cosas indecibles e impensables…. 

….Pero él sabía donde había empezado todo esto. 

Empezó esa tarde, hacía treinta y tres años… 

El niño estaba tendido, llorando frente al lago el dolor del maltrato de los otros. 

Esa tarde, el niño decidió borrar, para siempre, la letra del alfabeto. 

Esa letra. 

Esa. 

La letra necesaria para nombrar al otro si está presente. 

La letra imprescindible para hablarle a los demás, al dirigirles la palabra. 

Sin manera de nombrarlos dejarían de ser deseados… 

y entonces no había motivo para sentirlos necesarios…. 

se sentiría, por fin, libre…… 

EPILOGO: 

Escribiendo sin “U” 

puedo hablar hasta el cansancio de mí, 

de lo mío, del yo, 

de lo que tengo, 

de lo que me pertenece… 

Hasta puedo escribir de él, 

de ellos 

y de los otros. 

Pero sin “U” 

no puedo hablar de ustedes, 

del tú, 

de lo vuestro. 

No puedo hablar de lo suyo, 

de lo tuyo, 

ni siquiera DE LO NUESTRO.

 

Pásame en moitas ocasións. Sinto que perdo a “u” e deixo de poder falarte. Coma se morreses coma se non existises. Eu sigo pero ti non. E se non te nomeo, se non digo “TU” non podo desfrutarte. Abócome a verme reflictido nese espello.

PD: Era necesario poñer o conto en castelán para darlle significado.

Corazón de xiz…

Bloged in Persoal by pandeiradasideral Martes Setembro 26, 2006

Esta tarde camiñando vino. Un corazón de xiz na parede…e tiña o meu nome dentro!! Nin que fose sacado da canción de Radio Futura. A mágoa é que non había nome q o fixese compaña.

Aínda que non se referise a min (ou sí, cousa que dubido moito) fíxome ilusión velo. Coma se fose un adolescente que só actúa como resultado do ir e vir das súas hormonas. Pode ser que algo estea a cambiar en min.Non o sei. É raro. 

Ata outra….

Bloged in Caixón de xastre ou desastre??, Persoal by pandeiradasideral Luns Setembro 25, 2006

Sempre é preferible dicir ata outra que adios. Adios só se lle debería de dicir ós mortos. Ata outra sempre implica a felicidade do reencontro. Pero eu aínda penso que é moito mellor non despedirse e levar ás persoas onde queira q vaia, añinda que ás veces é imposible…….

Ou non…

Pensar…

Bloged in Caixón de xastre ou desastre?? by pandeiradasideral Domingo Setembro 24, 2006

penss.jpg

 Pensar é de parvos. Actuar é máis efectivo.

Actuar sen pensar… non dá bos resultados. Actuar pensando ralentiza moito as cousas.

Paradoxas da vida…

PD: E hoxe non sae o Sol para min… Que vergoña!…. un servizo público… E ademais eu quedara con el.

Unha de contos…

Bloged in Contos by pandeiradasideral Sábado Setembro 23, 2006

Un día Meher Baba preguntou os seus mandalíes o seguinte: Por que a xente se berra cando están enfadados?

Os homes pensaron uns intres. Porque perdemola calma -dixo un- por iso berramos.

Pero…por que berrarnos se estamos tan preto? preguntou Baba. Non é posible falar en voz baixa? Por que lle berras a unha persoa cando te enfadas?

Os homes diron algunha que outra resposta pero ningunha convencía o mestre Baba. Finalmente el explicou:

Cando dúas persoas están anfadadas os seus corazóns afástanse moito. Para cubrir esa distancia deben berrarse, para poder escoitarse. Mentres máis enfadados estean, máis forte terán que berrarse o un ó outro para poder escoitarse a través da distancia.

Logo Baba preguntou: Que acontece cando dúas persoas se namoran? Eles non berran, senon que falan suavemente. Por que? Os seus corazóns están moi preto. A distancia é moi pequena.

Baba continuou: Cando se namoran máis aínda que acontece? Non falan, soamente susurran e voltanse máis preto no seu amor. Finalmente non lles cómpre tan sequera susurrar….so se miran e iso é todo. Así é como están de preto dúas persoas cando se aman.

De seguido dixo:

Cando discutan non deixen que os seus corazóns se afasten; non digan palabras que os afasten máis; chegará un día no que sexa tanta a distancia que non atoparán máis o camiño de volta…..

 

 

Adoro os contos…..

21 gramos de cores….

Bloged in Persoal by pandeiradasideral Venres Setembro 22, 2006

Din que para que a alma teña arco da vella cómpre que os ollos teñan bágoas….. Pode ser certo, pero a min non me gusta ver chorar á xente. Estou convencido de que é posible ter 21 gramos cheos de cores so co simple feito de sorrir.

26 queries. 0.701 seconds.
Powered by Wordpress
theme by evil.bert