Unha fiestra aberta…

Bloged in Unha historia do cotiá by pandeiradasideral Martes Outubro 31, 2006

Aaaa0002.jpg

Tentaba aumenta-los meus coñecementos. Pero era incapaz. Así que saín á fiestra a ver que se “cocía” polas rúas do meu barrio. O de sempre. Xente que sae do súper, repartidores, xubilados supervisando obras… De súpeto vexo que me abanean os brazos dende abaixo. Poño as gafas (”son para verte mejor” penso). É o meu tío. Dime que baixe e como non facía nada do outro mundo pois baixo. Comezamos a falar.

-No trabajas hoy?

-Ya salí. Es lo que tiene el horario nocturno. Oes… Me dijeron el otro día que juegas mucho al despiste.

-?? En que sentido. Y quién te lo dijo?

- Una conocida tuya. Que me dijo que te hacías mucho el despistado.

-Non sei. No me lo hago. Lo soy.

-Ya…claro… Ya se lo dije yo. Que dabas esa sensación pero es porque realmente lo eres. Y que eras muy buen rapaz. Que solo tenías el defecto de ser del Madrid…

- Pero que me estabas intentando vender? Jaja

-Y el baloncesto qué? Mejor no pregunto no? jaja

-Vamos mejorando. A ver si me vienes a ver un día que a ti te gusta… Vi ayer a tu hijo con su nuevo look melenudo.

-Vaya crápula. A ese le voy a andar yo en la chepa… Bueno toma. Unas cebollas que traigo de Ordelles. Me voy al gimnasio que si no después no me compensa. Dile a tu padre que cuando esté en casa me llame pa mirar lo de las flores de la abuela.

-Ok. Hala…que che medre…

Subo cara casa ca bolsa de cebolas xigantescas. E póñome a mirar outra vez pola fiestra… Sinto que é coma unha vía de escape para min. Igual é unha fiestra máxica que me desconecta de todo e me fai imaxinar e fantasear. Non sei… É especial.

Agasallo…

Bloged in Persoal by pandeiradasideral Martes Outubro 31, 2006

confezione_regalo.jpg

Tódolos días danche agasallos. Só hai que ser capaz de velos. Dende un sorriso adicado especialmente para ti ata tomar un café con algún amigo ou incluso o simple feito de que compartan algo contigo. Os agasallos non teñen que ir envoltos con papel por fóra. Dase a circunstancia de que moitas veces os mellores non son os máis caros. Ás veces son abstractos ou intanxibles. Aínda lembro o mellor que me fixeron. Non era nin o meu cumpreanos nin o meu santo. Téñense que dar moitas circunstancias para que se volte a repetir e, sen dúbida, non vai ser o mesmo, pero non me importaría que voltase a acontecer.

 PD: Feliz día de Samaín a tod@s (que Halloween nin que farrapos de gaitas…)

 

Creencias

Bloged in Persoal by pandeiradasideral Luns Outubro 30, 2006

Din que todo o mundo necesita crer nalgo supremo. Eu escollo crer en min, nas miñas posibilidades e na xente, aínda que con isto me leve algunha que outra labazada da vida. Creo que vaime ser moito máis útil.

Margaridas mentais

Bloged in Caixón de xastre ou desastre??, Persoal by pandeiradasideral Domingo Outubro 29, 2006

Daisy.jpg 

 

Pode ser que sí ou pode ser que non.

 

O meu pensamento está endubidado
quen o desendubidará?
O bo/a desendubidador/a que o desendubide
bo/a desendubidador/a será

 

PD: Existe endubidado??

Merda!…

Bloged in "Viviendo la magia del basket" by pandeiradasideral Sábado Outubro 28, 2006

Nate-Pool---400.jpg

De dous e na prórroga :(

 PD: O camiño do esforzo lévanos á meta do éxito….

Unha pequena lembranza…

Bloged in Caixón de xastre ou desastre?? by pandeiradasideral Venres Outubro 27, 2006

Hoxe chamáronme como facía moitos anos que non o facían. Só o fai unha persoa. Gustoume aínda que fose cagándose en min…

“Ai me cago en ti…Pero serás Faramontaos!!…

Rato de biblioteca…

Bloged in Estudos by pandeiradasideral Xoves Outubro 26, 2006

para_de_estudiar.gif

Realmente é bastante aburrida a biblioteca se non teño compaña coñecida. O simple feito de que haxa alguén o meu carón faimo máis levadeiro. Así que como non había pouco que facer (teoricamente) adiqueime a observar (máis ben a espiar ou axexar) ás persoas que andaban pululando de aquí para acolá. Unha rapaza buscando un libro, unha parella estudando coas mans entrelazadas por baixo da mesa… E pensei: “se pecho os ollos, que acontecerá?” Escoitaba bater as portas da entrada, o sonido que facía o lapiceiro o suliñar do que tiña o máis cerca… “Vou concentrarme un chisco máis” E comecei a escoitar a miña respiración e despois os latexos do meu corazón. Sí. Está algo solitario pero feliz. Con ritmo. Polo momento non teño que “levalo de verbena” como dicía Fito. Grazas o vibrador do meu móbil volto á realidade. SMS. (Ben!! Por fin!!)

Ai!! Canto me custa estudar. Todo son obstáculos. Terei que concentrarme e facer de cada obstáculo un escalón.

Paz pa tos!!

O laka lamma le…

Bloged in "Si te preguntan que emisora escuchas..." by pandeiradasideral Mércores Outubro 25, 2006

Non che son eu de moito “dancing” pero con iste tema as miñas pernas teñen vida propia.

PD: Cada uno goza con lo que le gusta; cada cosa tiene distinto sabor

Hoxe non teño nada que contar

Bloged in Sen clasificar by pandeiradasideral Martes Outubro 24, 2006

Estou baleiro. Non sentín. Nin sequera un miserable arrepío. Hoxe son coma o máis cualificado e sofisticado dos robots.

PD: As boas compañas sempre son ben recibidas.

Maldito día despois…

Bloged in Caixón de xastre ou desastre?? by pandeiradasideral Domingo Outubro 22, 2006

resacous.jpg

Descubriuse unha nova especie dentro da humanidade: o Homo resacosus.

Caracterízase por presentar un estado de catatonía os día seguinte do que se coñece coma “noite de esmorga”. Tamén presenta un estancamento cerebral que consiste ´no mantemento das funcións vitais básicas similares a un estado vexetativo. O seu hábitat favorito é o sofá ou no seu defecto a cama. Soe vestir prendas cómodas tipo pixama ou chándal.

PD: Pasito a pasito se hace el caminito

26 queries. 0.381 seconds.
Powered by Wordpress
theme by evil.bert