Estaba no certo…
Sempre dixen que despois das treboadas sempre sae o arco da vella. Pois hoxe notei que tiña razón. E ademais máis luminoso e duradeiro que nunca.
Sempre dixen que despois das treboadas sempre sae o arco da vella. Pois hoxe notei que tiña razón. E ademais máis luminoso e duradeiro que nunca.
Sempre existe a posibilidade de que a Lúa me chisque un ollo pola noite e me diga: “hoxe sí”. Nunca sentistes que as circunstancias nos falan? Nunca tivestes a sorte de saber ler entre liñas? Nunca percibiches que estabas no momento axeitado e no lugar axeitado? Eu sí. Mágoa decatarse “a posteriori”.
“Ya hace tiempo que la vida
a mi lado lenta pasa
y se burla de mis penas
y se goza de mis desgracias.
Y tú, canario, mi confidente,
ves como me hayo triste y doliente
en mi alcoba solitaria
mientras alzo mi débil voz
diciendo…adiós…adiós”
Boa noite a todos e todas.

Comentábanme onte que había persoas que, mentres durmen, poden soñar o que queren. Eu son un deles. E onte decidín deixar libre o meu subconsciente onírico. Sorpresa!! soñaron o mesmo ca min. Meu pai!! Debe ser cousa dos xenes e os alelos. Como sexa certo iso de que os soños fanse realidade… Agora só me falta soñar de novo e saber quen é…

O vivido sempre nos axuda a cumplir o que se chama “lei de vida”. É a base do noso cambio. “Todos temos que cambiar”. Sempre para mellor e sen perder a esencia.
E aínda queda moito por vivir e por cambiar…. queda moito espazo que encher nese corcho.
Sempre serás benvida. Doerame cando te vaias; seguro que pasarei días tristes. Lamentarei por onde queira que pase a túa perda. Sera-la miña amante ata que a morte nos separe. Que se entere todo o mundo!!…Ámote PERSONALIDADE. Gústame ser como son e é gracias a ti. A xente que me aprecia é gracias a ti (quero pensar). Por iso e moito máis…
Queres casar comigo?
Hoxe é día de reflexión. Hai moitos pensamentos na cabeza e algunha que outra dúbida q aclarar. Haberá que ir dar unha volta polo río despois de comer que sempre axuda.
E o día menos pensado acontecerá o que máis desexas…
Non lle temo o compromiso. Sen el non se chega a ningunha parte. Lévanmo pedindo dende fai uns cantos anos e, polo momento, hai resposta. Creo que é algo que nos fai medrar. Hoxe tocou “renovalo”. Agárdame un ano duro…

E a seguir rodando. Coma Ixión. Volver á mesma rotina de tódolos días. Mágoa que Orfeo xa non esté para baixar ós Infernos e cantar tódolos días…
31 queries. 0.304 seconds.
Powered by Wordpress
theme by evil.bert