O peor que lle pode pasar a un é que a cabeza lle diga unha cousa e o corazón xunto co espírito outra. Creo que unha visión obxectiva era o que me facía falta e atopeina sen querer. Agora xa sei que facer. A liberdade acompáñame.
Boas noites
O peor que lle pode pasar a un é que a cabeza lle diga unha cousa e o corazón xunto co espírito outra. Creo que unha visión obxectiva era o que me facía falta e atopeina sen querer. Agora xa sei que facer. A liberdade acompáñame.
Boas noites
…que todos los desvelos de mi vida tejieron
esta enramada en donde tu mano vive y vuela
custodiando la noche del viajero dormido…
PD: Eu tamén creo que chegaremos a ser bos amigos…
Sei de sobra que é moi soberbio pensar que son un, pero é que ás veces o destino obrígame a pensar que o son… e máis por riba se mo din explícitamente
Dáme a sensación de que non sei o que estou facendo. Nin do que quero. Sempre me pareceu que a indiferencia era un dos grandes males da humanidade, pero ultimamente estame dando igual todo. Estou nunha fase de “pasotismo desorbitado”. A miña avoa relacionaríao co tempo metereolóxico; eu creo que non é esa a causa. É coma se estivese descolocado buscando o meu sitio. Non sei…será unha consecuencia de que non son capaz de asimilar tantas novas informacións de súpeto.
Hai un gran defecto que me acompaña alá onde vou. A impuntualidade. O meu é chegar tarde. Non teño remedio. Cando quedo con alguén chego tarde. Pra rematar a carreira chego tarde. Incluso pra dicir as cousas máis importantes chego tarde. Terei que facer un serio reaxuste e poñer en hora o meu reloxo. Non me gustaría que me voltase a pasar.
Descubrín un enigma, como quen non quere a cousa. Era unha resposta que non agardaba; eran máis previsibles outras. Foi un tren que perdín e que agora é imposible de coller… pero os soños, en ocasións, fanse realidade.
E os teus? Loitas por que se fagan realidade?
Xa que onte editaron novo disco…..
PD: Julito cumpre hoxe anos…e meu curmán Martín tamén…
E funme a dar unha volta polo pobo. Inmensa tranquilidade. Despois dunha semana agotadora na que nin tan sequera houbo tempo para pensar. Bueno…minto; algo sí que pensei. Moita xente que coñecín pero quédome sobre todo con unha. A señora que rexentaba ata esta semana o bar do albergue do Corgo en Muíños. Maruxa. 59 anos e toda unha vida chea de sabedoría. Tamén moito neno e por suposto Chema.
Só teño 21 anos pero teño visto unhas cantas caras. Incluíndo algunhas moi femosas. Eu, sentíndoo moito por algunhas persoas quédome ca dos nenos.
26 queries. 0.636 seconds.
Powered by Wordpress
theme by evil.bert