A historia dos sentimentos

Bloged in Contos by pandeiradasideral venres novembro 3, 2006

Contan que unha vez xuntáronse nun lugar da terra tódolos sentimentos e calidades dos homes.

Cando O ABURRIMENTO bostezara por terceira vez, A TOLEMIA, coma sempre tan tola, propostoulles: Xogamos ás agochadas?

A INTRIGA levantou a cella intrigada, e A CURIOSIDADE, sen poder conterse preguntou: ¿as agochadas? ¿E como é iso?

É un xogo - explicou A TOLEMIA- , no que eu tapo a faciana e comezo a contar desde un ata un millón mentras vós agochádesvos, e cando eu reamtase de contar, o primeiro de vós que eu atope ocupará o meu lugar para continuar o xogo.

O ENTUSIASMO bailou secundado pola EUFORIA.

A LEDICIA deu tantos saltos que rematou por convencer á DÚBIDA, e incluso á NUGALLA, á que nunca lle interesaba nada.

Pero non todos quixeron participar, A VERDADE prefiriu non agocharse; para qué? Se ó fin sempre a atopaban, a FACHENDA opinou que era un xogo moi tonto (no fondo o que lle molestaba era que a idea non fose dela) e A COBARDÍA prefiriu non arriscarse.

Un, dous, tres… comezou a contar A TOLEMIA.

A primeira en esconderse foi A PREGUIZA, que coma sempre deixouse caer trala primeira rocha do camiño.

A FÉ subiu ata o ceo e A ENVEXA agochouse trala sombra do TRIUNFO que co seu propio esforzo conseguira subir á copa da árbore máis alta.

A XENEROSIDADE case non alcanzaba a agocharrse, cada sitio que atopaba parecíalle marabilloso para algún dos seus amigos …que se un lago cristalino , ideal para A FERMOSURA, que se a rendixa dunha árbore, perfecto para A TIMIDEZ, que se o voo dunha ráfaga de vento, magnífico para A LIBERDADE. Así rematou por ocultarse nun raio de Sol.

O EGOISMO en cambio, atopou un sitio moi bo desde o comezo, ventilado, cómodo… pero só para él. A MENTIRA agochouse no fondo dos océanos (mentira, en realidade foise detrás do arco da vella) e A PAIXÓN e O DESEXO no centro dos volcáns.

O ESQUECEMENTO… esqueceume onde se agochou…pero iso non é o importante.

Cando A TOLEMIA contaba 999.999, O AMOR aínda non atopara sitio para agocharse, pois todo estaba ocupado…ata que atopou un rosal i enternecido decidiu agocharse nas súas flores.

Un millón, - contou A TOLEMIA- e comenzou a procurar.

A primeira en aparecer foi A PREGUIZA só a tres pasos dunha rocha.

Despois escoitouse Á FÉ discutindo con DEUS no ceo sobre teoloxía e Á PAiIXÓN e O DESEXO os sentiu no vibrar dos volcáns.

Nun descuido atopou á ENVEXA e claro, puido deducir onde estaba O TRIUNFO.

O EGOISMO non tivo nin que buscalo, el só saiu do seu escondite, resultara ser un niño de avispas.

De tanto camiñar sentiu sede e ó achegarse ó lago descubriu A FERMOSURA e coa DÚBIDA resultou máis doado aínda pois atopouna sentada sobre un valado sen decidir aínda de que lado agocharse.

Así foi atopando a todos, O TALENTO entre a herba fresca, Á ANGUSTIA nunha escura cova, Á MENTIRA detrás do arco da vella (mentira, se ela estaba no fondo do océano) y ata O ESQUECEMENTO…que xa se lle esquecera que estaban a xogar, pero sólo O AMOR non aparecía por ningures, A TOLEMIA buscou detrás de cada árbore, cada regato do planeta, no cumio das montañas e cando estaba por rendirse viu un rosal e as rosas… e tomou unha forca e comenzou a move-las ramas, cando de súpeto un doloroso berro ouviuse. As espiñas feriran nos ollos Ó AMOR; A TOLEMIA non sabía que facer para disculparse, chorou, implorou, pediu perdón e ata prometeu ser o seu “lazarillo”.

Desde entón, desde que por primeira vez se xogou ás agochadas na terra…

O AMOR É CEGO E A TOLEMIA SEMPRE O ACOMPAÑA.

 

PD: É o intre…

Baleiro

Bloged in "Si te preguntan que emisora escuchas..." by pandeiradasideral venres novembro 3, 2006

Demasiado na cabeza para actualizae. Boas noites e doces soños.

 PD: O señor Tetas estivo de cumpleeee. Felicidades.

31 queries. 0.678 seconds.
Powered by Wordpress
theme by evil.bert