Un defecto (entre outros)…
Hai un gran defecto que me acompaña alá onde vou. A impuntualidade. O meu é chegar tarde. Non teño remedio. Cando quedo con alguén chego tarde. Pra rematar a carreira chego tarde. Incluso pra dicir as cousas máis importantes chego tarde. Terei que facer un serio reaxuste e poñer en hora o meu reloxo. Non me gustaría que me voltase a pasar.

novembro 24th, 2006 at 9:37 pm
tipico desaxuste….eu mais que poñer en hora, poñer unha gran alarma…