Fin de ano…

Bloged in Persoal by pandeiradasideral Domingo Decembro 31, 2006

Aínda non comezou e xa me estou comezando a agobiar. Aglomeracións, e un tempo que, probablemente, non acompañará.. Sigo preferindo o entroido a fn de ano. De tódolos xeitos mañá pola noite… non esquezan vitaminarse e supermineralizarse.

Bo ano para todos. Admito suxerencias para este novo ano. jeje

48 horas…

Bloged in Caixón de xastre ou desastre?? by pandeiradasideral Venres Decembro 29, 2006

Estou enganchado a “Me llamo Earl”. El ten unha lista de malas accións realizadas no pasado que agora ten que subsanar. Eu teño a miña propia lista pero de accións ou obxectivos a cumplir no 2006. Unha desas cousas que se me dá por facer cando non teño nada que facer mellor que perder o tempo. O caso é que unha amplia maioría non se conseguiu…

Aprobar todo en xuño…

Facer unha viaxe ó estranxeiro…

Falar algo máis en galego…

Aprender a cociñar cousas decentes

Non facer tanto o vago

Ir o ximnasio (mítico onde os haxa)

Ir ó cine despois de…buff

Ler algún que outro libro

Manter a miña habitación ordeada

Comer algo máis de verdura

Irme de camping

Non ser tan indeciso…

Puta merda que só me quedan 48 horas…

Venres…non sabes como te quero!!

Bloged in Caixón de xastre ou desastre?? by pandeiradasideral Venres Decembro 29, 2006

luareiros.jpg

Menos mal…  non me chegaba o venres. ( E non o digo por Gayoso)

Soidade…

Bloged in Persoal by pandeiradasideral Xoves Decembro 28, 2006

5.57 toca o espertador e arriba. Teño unhas olleiras de mapache que non podo con elas por culpa das malas pasadas que me xogan as costas de cando en vez. Ducha e almorzo. E 1 hora de coche pola A-52. 87 quilómetros. Chego e preparo o material. Como non hai ninguén póñome a falar coa administrativa e dúas horas comentando. Comezan a chegar e non paran. Urxencias, citas concertadas e demais. E despois ó xeriátrico. Non me gustaría estar como eles. É o meu maior medo: rematar a vida en só. Polo momento podo considerar que non me molesta incluso ten o seu aquél andar ó meu aire. Pero máis adiante… non o creo.

Saúde, amigos…

Bloged in "Si te preguntan que emisora escuchas...", Caixón de xastre ou desastre?? by pandeiradasideral Martes Decembro 26, 2006

Non sei cantas persoas len o meu blogalego, pero a todos eles SAÚDE, AMIGOS!! Brindo por vós.

Brindo por las mujeres que derrochan simpatía,
brindo por los que vuelven con las luces de otro día.
Brindo porque recuerdo tu cuerpo, pero olvidé tu cara,
brindo por lo que tuve porque ya no tengo nada.
Brindo por el momento en que tú y yo nos conocimos,
y por los corazones que se han roto en el camino.
Brindo por el recuerdo, y también por el olvido,
brindo porque esta noche un amigo paga el vino.

Porque la vida es dura, por el fin de la amargura,
brindo porque me olvido los motivos porque brindo.
Brindo con lo que sea que caiga hoy en el vaso,
brindo por la victoria, por el empate y por el fracaso!

Brindo por seguir queriéndote toda la vida,
casi está lleno el vaso con la sangre de otra herida.
Brindo con emoción, pero también brindo con frialdad:
que la salud no falte a toda la humanidad.

Desde un rincón del mundo brindo contigo…

Caiga quien caiga brindo sobre la luz de una vela,
toda la noche brindo y que la mañana venga.
No es un momento triste ya que brindo con amigos;
brindo por el futuro con la noche de testigo.

Si alguna vez no brindo siquiera por tonterías,
brindaré con silencio por la fortuna perdida.
Brindaré muy en serio por una vez en la vida:
brindo hasta la cirrosis por la vacuna del sida!

Desde un rincón del mundo brindo contigo…
SALUD!

Boa Noiteboa

Bloged in Persoal by pandeiradasideral Luns Decembro 25, 2006

Quizais foi unha das mellores Noiteboas. Aínda que fose un pouco desastre. Sen calefacción a -4ºC, acabouse o preve de ali-oli para o marisco, case non chega o pan e esquecímonos de poñer as ensaladas na mesa. Pero putear a meu pai e o meu tío entre os meus curmáns, miña irmá e máis eu, secundados polo meu avó (mestre nestas lides), ver como que aínda sendo maiores, temos ilusión por recibir regalos en Noiteboa, ver como os meus tíos botábanme flores en público e eu ser tamén blanco de mofas por ser visto a noite anterior polo meu cuñado e o meu padriño non o cambio por NADA DO MUNDO. Aínda que podese chegar a conseguir unha moi boa suma de cartos por facer unha guardia, hai cousas moito máis importatnes que os cartos.

Que teñades as mellores festas posibles.

PD: Coach, méteme caña nos adestramentos. Hai moito exceso de ágapes e comidas pantagruélicas.

FELICES FESTAS

Bloged in Caixón de xastre ou desastre?? by pandeiradasideral Domingo Decembro 24, 2006

Pois iso…

Coma un can…

Bloged in Persoal by pandeiradasideral Domingo Decembro 24, 2006

O home é capaz de tropezar dous veces na mesma pedra. Eu ata 40. Estaba enganchado coma a peor das drogas existentes. Coido que a partires de hoxe vai ser un ata sempre. Non se pode ir por aí arrastrándose coma un can.

Armentón…

Bloged in Persoal by pandeiradasideral Venres Decembro 22, 2006

É de Armentón e seu nome quere dicir “a que ten graza”. Mandoume unha postal de Nadal “made in Galiza” que me fixo moita ilusión na que me desexaba o mellor para este ano que vén e con moi boa caligrafía aínda que ela diga o contrario. Este verán estivo espiquing inglis en Bristol e algo estiven a practicar con ela tamén. Podería poñer moitas máis cousas sobre ela pero non lle paguei unha exclusiva por contar a súa vida e podería demandarme.Un día destes fareille unha visita porque nunca é longa a distancia que conduce á casa dun amigo.

Ollos…

Bloged in Persoal by pandeiradasideral Xoves Decembro 21, 2006

Estaba buscando unhas cousas pola miña habiración (parece como se o Katrina pasase pola miña mesa) e meu pai andaba a ver a tele. Debía de ter posto algún canal destes de documentais do Digital+. Namentres seguía rebulindo estaba escoitando a ver o que dicían. Era algo así coma que os ollos son o espello da alma. Que se pode saber moito das persoas a través do seu ollar. E que ninguén pode mentir a través dos ollos. Despois demostraba a base científica do dito. Que se andabamos a mentir que as pupilas trocaban o seu tamaño e bla bla bla. Eu quedei pensando. “Picoume a curiosidade” e díxenme a min mesmo: “Que se ve a través dos meus ollos?”

E ti…serías capaz de dicirme que ves nos meus ollos cando me miras??

26 queries. 0.709 seconds.
Powered by Wordpress
theme by evil.bert