SMS

Bloged in Unha historia do cotiá by pandeiradasideral luns decembro 11, 2006

A dor de espalda non me deixaba coller o sono, así que decidín facer unha limpeza de sms no móbil. Eu debo de ter “Síndrome de Diógenes” para as sms xa que había para dar e tomar dende xuño. Había case 200. E os enviados íanlle a “rebufo”. Dende “jugamos el sábado a las 7 en el pazito” ata “si puedes lleva el cd a la noche” pasando por un “me encantas” ou felicitacións de cumpreanos. De tódolos xeitos hai cousas que non cambian e aínda que as volvas a ler 40.000 veces seguen a porche a 180 pulsos por minuto.

PD: xa é oficial. Comezo de fabricación dos meus regalos e de compras de nadal. Paso de aglomeracións.

Leave a Reply

34 queries. 0.792 seconds.
Powered by Wordpress
theme by evil.bert