O buscador…
Esta é a historia dun home ao que eu definiría coma un buscador…
Un buscador é alguén que busca; non necesariamente alguén que atopa.
Tampouco é alguén que, necesariamente, sabe qué é o que está buscando. É simplemente alguén para quen a súa vida é unha búsqueda.
Un día, o buscador sentiu que debía ir hacia a cidade de Kammir. Aprendera a facer caso riguroso destas sensacións que viñan dun lugar descoñecido de sí mesmo. Así que deixouno todo e partiu.
Despois de dous días de marcha polos camiños, divisou, ao lonxe, Kammir, Un pouco antes de chegar ó pobo, chamoulle moito a atención unha montaña á dereita do sendeiro. Estaba tapizada dun verde marabilloso e había un montón de árbores, paxaros e flores encantadoras. Arrodeábaa por completo un valado de madeira.
Unha cancela de bronce convidábao a pasar.
De súpetoo, sentiu que esquecía o pobo e sucumbiu ante a tentación de descansar por un momento naquel lugar.
O buscador traspasou a cancela e comezou a camiñar paseniño entre as pedras brancas que estaban distribuidas o chou, entre as árbores.
Deixou que seus ollos se pousaran coma bolboretas en cada detalle daquel paraíso multicolor.
Seus ollos eran os dun buscador, e quizais por eso atopou aquela inscrición sobre unha deas pedras:
Abdul Tareg, viviu 8 anos, 6 meses, 2 semanas e 3 días
Sobrecolleuse un chisco ó decatarse de que aquela pedra non era simplemente unha piedra: era unha lápida.
Sentiu pena ao pensar que un neno de tan curta idade estaba soterrado naquel lugar.
Mirando o seu redor, o home decatouse de que a pedra do seu carón tamén tiña una inscrición. Achegouse a lela. Dicía:
Yamir Kalib, viviu 5 anos, 8 meses e 3 semanas
o buscador sentiuse terriblemente conmocionado.
Aquel fermoso lugar era un cemiterio, e cada pedra era unha tumba.
Unha por unha, comezou a ler as lápidas.
Todas tiñan inscricións semellantes: un nome e o tempo de vida exacto do finado.
Pero o que lle conectou co espanto foi comprobar que o que máis tempo vivira sobrepasaba apenas os once anos…
Embargado por unha dor terrible, sentouse e comezou a chorar.
o coidador do cemiterio pasaba por alí achegouse.
Ollouno chorar durante un intre en silencio e logo preguntoulle se choraba por algún familiar.
-Non, por ningún familiar —dicía o buscador—. ¿Qué pasa neste pobo? ¿Qué cousa tan terrible hai nesta cidade? ¿Por qué hai tantos nenos mortos soterrados neste lugar? ¿Cal é o terrible meigallo que pesa sobre esta xente, que lles obrigou a construir un cemiterio de nenos?
O ancián sorriu e dixo:
- Pode vostede serenarse. Non hai tal meigallo. O que acontece é que aquí temos un vello costume. Contareille…:
“Cando un xoven cumpre quince anos, seus pais regálanlle unha libreta como esta que teño aquí, para que a colgue ó pescozo. É tradición entre nós que, a partires dese intre, cada vez que un desfruta intensamente de algo, abre a libreta e anota nela:
Á esquerda, qué foi o desfrutado.
Á dereita, canto tempo durou o gozo.
Coñeceu a súa moza e namorouse dela. Canto tempo lle durou esa paixón enorme e o pracer de coñecela? ¿Unha semana? ¿Dúas? ¿Tres semanas e media…?
E despois, a emoción do primeiro bico, o pracer marabilloso do primeiro bico…¿Canto durou? ¿O minuto e medio do bico? ¿Dous días? ¿Unha semana?
¿E o embarazo e o nacemento do primeiro fillo…?
¿E a voda dos amigos?
¿E a viaxe máis desexada?
¿E o encontro co irmán que volta dun país lonxano?
¿ Canto tempo durou o desfrutar destas situacións?
¿Horas? ¿Días?
Así, imos anotando na libreta cada intre que desfrutamos… Cada intre.
Cando alguén morre, é o noso costume abrir a súa libreta e sumar o tempo do desfrutado para escribilo sobre a tumba. Porque ese é pra nós o único e verdadeiro tempo vivido”.
Bucay.
Boas noites.