Queridos Reis Magos…
Ola Maxestades.
Son un neno de 21 anos que vive en Ourense. Este ano non vou a pedir ningún xoguete que coido que xa vou grande de máis. Este ano vouvos pedir saúde para min e para os meus familiares e amigos. Que siga coñecendo xente marabillosa como neste ano pasado (e non o digo por descubrir xente nova, que tamén, senon que poda chegar a coñecer mellor os que xa coñezo). Que me siga a levar ben cos meus amigos e poder seguir compartindo penas e alegrías con eles. Que pouco a pouco se arranxe a sociedade na que estou. Que non perda a ilusiñon polo que estou facendo.
Tamén postos a pedir, a ver se me traedes un sobriño e tampouco estaría de máis unha moza, por que non, aínda que estas dúas cousas virán no se axeitado tempo. Creo que aquí tamén influirá bastante a predisposición da miña irmá e cuñado e en canto a moza tamén depende de min, claro e agora que xa teño algo máis claro o coco pois mellor.
A ver se hai sorte e me chega algo de traballo no meu. Non se me caen os aneis por traballar de Papa Noël ou por limpar mocos e facer xogos para nenos. Tamén quero que me axudedes a sacar o mellor de min. A intentar axudar ós demais en todo o que poida, que os meus amigos sigan podendo contar conmigo alá onde esté. Seguir sendo fonte inesgotable de paciencia e seguir levando a vida con humor aínda que nalgún momento haxa algo de baixón, pero despois de todo tamén son humano.
E como último desexo e, case que o máis importante de todos, por favor, por favor, por favor… facede que a xente a que quero (e a que non tamén) sexan felices. Como vós o vedes todo, sabedes que eu non son dos que desexa que os meus sexan felices. É unha esixencia que lles fago.
Abur, Melchor Gaspar e Baltasar.