Crack…

Bloged in Persoal by pandeiradasideral luns decembro 18, 2006

Non sei o motivo, pero onte xusto ó meterme na cama veu a miña memoria todo o proceso. Venres, 20 de setembro de 2002. Patios de arriba do colexio salesiano. Ó redor das 7 da tarde. Despois do verán xúntome cos colegas pra xogar ó futbito. Xogo arriba, quría mover un pouco as pernas e non estar de porteiro coma sempre. Comeza o partido e na primeira xogada mándame un pase en profundidade controlo e voume correndo cara porta. O meu defensor empúrrame o xustiño para desequilibrarme un pouco. Piso o balón e váiseme o nocello por completo. Sinto como algo se rompe por dentro e ó mesmo tempo escoito como se ríen os meus amigos. “Trenco carallo…ya opr los suelos en la primera jugada”. Eu comezo a ver borroso. Teño unha dor insoportable no meu pé que só dura 5 minutos e a cabeza empeza a suar como se fose unha billa aberta a tope. O proteiro do outro equipo só se lle oe dicir “Dios. Llama a una ambulancia ya”. As risas córtanse por completo. Miro para o meu nocello e vexo que esta totalmente desviado cunha bóla do tamaño dun puño e de cor totalmente negra. Avisan a Santos para que colla o coche e me leve a Urxencias. Eu digo que estou ben que xa se me pasará pero sabía que non estaba ben. Chega Álex e case se desmaia ó verme. Un salesiano e Santos acompáñanme ata o Cosaga e mwentres imos no coche cada vez ía vendo máis borroso. Entro. Cadeira de rodas. Placa e consulta no outro edificio co traumatólogo. Paseo en cadeira de rodas por Sáenz Díez. Toda a xente fai un xesto desagradable cando paso o seu carón. Asústanse. O trauma decreta ingreso e operación. Posiblemente teña roto o ligamento. Chegan os meus pais e miña nai case se desmaia tamén o verme o nocello. Súbenme a habitación e vexo o meu compañeiro que se iría de alta a máñá seguinte. Parece un bo home. Métome na cama e non entro. Sáeme un sorriso. Mentres me está a enfermeira facendo a entrevista sónanme as tripas. Érgueme a cabeza dos papeis e dime “cenaste? Tienes hambre?” e eu contéstolle timidamente que si. Súbenme unha tortilla rechea de xamón e queixo e un iogur. Pregúntame que tal son para comer. E eu dígolle que menos peixe calquer cousa. Posterioirmente non houbo día en que non comese peixe. E as veces por partida doble. Esa noite xa quero durmir só. Por un momento afúndome ó pensar que me agradan case 5 meses de recuperación. Ter que estar dependendo dunha persoa para moverme, ducharme… Pero tamén penso bueno “malo será. Andrés, a traballar duro para que isto dure o menos posible.”

O luns 23 fanme unha resonancia pola mañá. Hai máis do que se pensaba. Diagnóstico: rotura completa do ligamento externo do nocello dereito. Rotura da cápsula articular antero-externa dereita. Fisura do peroné dereito. Pola tarde a iso das 4 para quirófano. A camilla vaime un pouco xusta. E xa comezo a ver as cousas positivamente. xa empezo a sacar algo de humor. Póñenme a epidural coma as embarazadas e non sinto nada de embigo para abaixo. A operación é un éxito e transcurriu totalmente distendida e contando algún chiste pola miña parte e falanado co personal alí presente.

Nos días sucesivos visitas. Houbo algún que tivo que tapar a boca polo número de visitas que veu a verme. Hai unha que me chegou dentro. Eu son bastante frío pero foi algo que me chegou. “bueno sé que se te olvidó el discman en el pueblo… te traje el mío con algunos cd’s…no es muy bueno…pero por lo menos estás entretenido.” Era un detalle que non me agardaba. E máis visitas. Ata eu mesmo qudei abraiado pola xente que me veu ver. O día 2 de outubro voume de alta. Hai unha auxiliar que ata me dá dous bicos  eu claro…todo vermello.

A partires de aí todo traballo de rehabilitación. 2 horas e media diarias. E recupérome en tempo récord. O plazo estimado eran 18-20 semanas. En 13 xa estaba correndo de novo. Hai unhas paalabras que me fan pitar os oídos. Escóitolle dicir a unha das enfermeiras “este chaval es de otra pasta en todos los sentidos. que pasada.” Meus pais tamén os escoitan e me miran con orgullo. Miña nai dame un bico e meu da Foi moi duro e houbo intres de pasalo moi mal, pero sempre levándoo con filosofía e humor.

31 queries. 0.556 seconds.
Powered by Wordpress
theme by evil.bert