Armentón…

Bloged in Persoal by pandeiradasideral venres decembro 22, 2006

É de Armentón e seu nome quere dicir “a que ten graza”. Mandoume unha postal de Nadal “made in Galiza” que me fixo moita ilusión na que me desexaba o mellor para este ano que vén e con moi boa caligrafía aínda que ela diga o contrario. Este verán estivo espiquing inglis en Bristol e algo estiven a practicar con ela tamén. Podería poñer moitas máis cousas sobre ela pero non lle paguei unha exclusiva por contar a súa vida e podería demandarme.Un día destes fareille unha visita porque nunca é longa a distancia que conduce á casa dun amigo.

31 queries. 0.609 seconds.
Powered by Wordpress
theme by evil.bert