Boa Noiteboa

Bloged in Persoal by pandeiradasideral luns decembro 25, 2006

Quizais foi unha das mellores Noiteboas. Aínda que fose un pouco desastre. Sen calefacción a -4ºC, acabouse o preve de ali-oli para o marisco, case non chega o pan e esquecímonos de poñer as ensaladas na mesa. Pero putear a meu pai e o meu tío entre os meus curmáns, miña irmá e máis eu, secundados polo meu avó (mestre nestas lides), ver como que aínda sendo maiores, temos ilusión por recibir regalos en Noiteboa, ver como os meus tíos botábanme flores en público e eu ser tamén blanco de mofas por ser visto a noite anterior polo meu cuñado e o meu padriño non o cambio por NADA DO MUNDO. Aínda que podese chegar a conseguir unha moi boa suma de cartos por facer unha guardia, hai cousas moito máis importatnes que os cartos.

Que teñades as mellores festas posibles.

PD: Coach, méteme caña nos adestramentos. Hai moito exceso de ágapes e comidas pantagruélicas.

Leave a Reply

34 queries. 2.025 seconds.
Powered by Wordpress
theme by evil.bert