Soidade…
5.57 toca o espertador e arriba. Teño unhas olleiras de mapache que non podo con elas por culpa das malas pasadas que me xogan as costas de cando en vez. Ducha e almorzo. E 1 hora de coche pola A-52. 87 quilómetros. Chego e preparo o material. Como non hai ninguén póñome a falar coa administrativa e dúas horas comentando. Comezan a chegar e non paran. Urxencias, citas concertadas e demais. E despois ó xeriátrico. Non me gustaría estar como eles. É o meu maior medo: rematar a vida en só. Polo momento podo considerar que non me molesta incluso ten o seu aquél andar ó meu aire. Pero máis adiante… non o creo.
decembro 28th, 2006 at 10:29 pm
é que unha cousa é andar só por conta propia, e outra por obriga… ou pq non tes quen te coide… esa soidade é máis ben a ausencia de moitas cousas.
P.d: e por que non contas o que falaches coa “buenorra” da administrativa? jiji (o da inocentada deixarémolo pra outro día) xD