Visceral…

Bloged in Persoal by pandeiradasideral mércores decembro 20, 2006

E se por unha tempada actuase de maneira máis visceral que racional? Que pasaría? Será este Nadal? Pode ser…

“El pantalón no engaña…”

Bloged in Unha historia do cotiá by pandeiradasideral martes decembro 19, 2006

Ai meu Deus!! Nunca cheguei a pensar que me fose a acontecer… pero non entro no pantalón do traxe jajajaja. Faime un efecto “perna achourizada”. Eu que o ía a poñer en fin de ano por iso de que se o tes polo menos poñelo e ademais como din que os homes lucimos máis con el… pero que lle imos facer…non se poderá repetir o modeliño graduación.

Boas noites

Crack…

Bloged in Persoal by pandeiradasideral luns decembro 18, 2006

Non sei o motivo, pero onte xusto ó meterme na cama veu a miña memoria todo o proceso. Venres, 20 de setembro de 2002. Patios de arriba do colexio salesiano. Ó redor das 7 da tarde. Despois do verán xúntome cos colegas pra xogar ó futbito. Xogo arriba, quría mover un pouco as pernas e non estar de porteiro coma sempre. Comeza o partido e na primeira xogada mándame un pase en profundidade controlo e voume correndo cara porta. O meu defensor empúrrame o xustiño para desequilibrarme un pouco. Piso o balón e váiseme o nocello por completo. Sinto como algo se rompe por dentro e ó mesmo tempo escoito como se ríen os meus amigos. “Trenco carallo…ya opr los suelos en la primera jugada”. Eu comezo a ver borroso. Teño unha dor insoportable no meu pé que só dura 5 minutos e a cabeza empeza a suar como se fose unha billa aberta a tope. O proteiro do outro equipo só se lle oe dicir “Dios. Llama a una ambulancia ya”. As risas córtanse por completo. Miro para o meu nocello e vexo que esta totalmente desviado cunha bóla do tamaño dun puño e de cor totalmente negra. Avisan a Santos para que colla o coche e me leve a Urxencias. Eu digo que estou ben que xa se me pasará pero sabía que non estaba ben. Chega Álex e case se desmaia ó verme. Un salesiano e Santos acompáñanme ata o Cosaga e mwentres imos no coche cada vez ía vendo máis borroso. Entro. Cadeira de rodas. Placa e consulta no outro edificio co traumatólogo. Paseo en cadeira de rodas por Sáenz Díez. Toda a xente fai un xesto desagradable cando paso o seu carón. Asústanse. O trauma decreta ingreso e operación. Posiblemente teña roto o ligamento. Chegan os meus pais e miña nai case se desmaia tamén o verme o nocello. Súbenme a habitación e vexo o meu compañeiro que se iría de alta a máñá seguinte. Parece un bo home. Métome na cama e non entro. Sáeme un sorriso. Mentres me está a enfermeira facendo a entrevista sónanme as tripas. Érgueme a cabeza dos papeis e dime “cenaste? Tienes hambre?” e eu contéstolle timidamente que si. Súbenme unha tortilla rechea de xamón e queixo e un iogur. Pregúntame que tal son para comer. E eu dígolle que menos peixe calquer cousa. Posterioirmente non houbo día en que non comese peixe. E as veces por partida doble. Esa noite xa quero durmir só. Por un momento afúndome ó pensar que me agradan case 5 meses de recuperación. Ter que estar dependendo dunha persoa para moverme, ducharme… Pero tamén penso bueno “malo será. Andrés, a traballar duro para que isto dure o menos posible.”

O luns 23 fanme unha resonancia pola mañá. Hai máis do que se pensaba. Diagnóstico: rotura completa do ligamento externo do nocello dereito. Rotura da cápsula articular antero-externa dereita. Fisura do peroné dereito. Pola tarde a iso das 4 para quirófano. A camilla vaime un pouco xusta. E xa comezo a ver as cousas positivamente. xa empezo a sacar algo de humor. Póñenme a epidural coma as embarazadas e non sinto nada de embigo para abaixo. A operación é un éxito e transcurriu totalmente distendida e contando algún chiste pola miña parte e falanado co personal alí presente.

Nos días sucesivos visitas. Houbo algún que tivo que tapar a boca polo número de visitas que veu a verme. Hai unha que me chegou dentro. Eu son bastante frío pero foi algo que me chegou. “bueno sé que se te olvidó el discman en el pueblo… te traje el mío con algunos cd’s…no es muy bueno…pero por lo menos estás entretenido.” Era un detalle que non me agardaba. E máis visitas. Ata eu mesmo qudei abraiado pola xente que me veu ver. O día 2 de outubro voume de alta. Hai unha auxiliar que ata me dá dous bicos  eu claro…todo vermello.

A partires de aí todo traballo de rehabilitación. 2 horas e media diarias. E recupérome en tempo récord. O plazo estimado eran 18-20 semanas. En 13 xa estaba correndo de novo. Hai unhas paalabras que me fan pitar os oídos. Escóitolle dicir a unha das enfermeiras “este chaval es de otra pasta en todos los sentidos. que pasada.” Meus pais tamén os escoitan e me miran con orgullo. Miña nai dame un bico e meu da Foi moi duro e houbo intres de pasalo moi mal, pero sempre levándoo con filosofía e humor.

Que felicidade máis tonta…

Bloged in Persoal by pandeiradasideral domingo decembro 17, 2006

Aínda que non sexa o tipo máis listo do mundo, aínda que non sexa o máis guapo, aínda que non sexa o máis rico, aínda que non sexa o máis grande no que fago, aínda que sexa moi inxenuo, aínda que sexa algo (bastante) cabezón, aínda que moitas veces peque de serio… hai que intentar buscar as moitas pequenas cousas para ser feliz. Moitos poderán dicir..”que felicidade máis tonta” pero como di a canción a min non me importa que pensen iso.

Queridos Reis Magos…

Bloged in Persoal by pandeiradasideral sábado decembro 16, 2006

Ola Maxestades.

Son un neno de 21 anos que vive en Ourense. Este ano non vou a pedir ningún xoguete que coido que xa vou grande de máis. Este ano vouvos pedir saúde para min e para os meus familiares e amigos. Que siga coñecendo xente marabillosa como neste ano pasado (e non o digo por descubrir xente nova, que tamén, senon que poda chegar a coñecer mellor os que xa coñezo). Que me siga a levar ben cos meus amigos e poder seguir compartindo penas e alegrías con eles. Que pouco a pouco se arranxe a sociedade na que estou. Que non perda a ilusiñon polo que estou facendo.

Tamén postos a pedir, a ver se me traedes un sobriño e tampouco estaría de máis unha moza, por que non, aínda que estas dúas cousas virán no se axeitado tempo. Creo que aquí tamén influirá bastante a predisposición da miña irmá e cuñado e en canto a moza tamén depende de min, claro e agora que xa teño algo máis claro o coco pois mellor.

A ver se hai sorte e me chega algo de traballo no meu. Non se me caen os aneis por traballar de Papa Noël ou por limpar mocos e facer xogos para nenos. Tamén quero que me axudedes a sacar o mellor de min. A intentar axudar ós demais en todo o que poida, que os meus amigos sigan podendo contar conmigo alá onde esté. Seguir sendo fonte inesgotable de paciencia e seguir levando a vida con humor aínda que nalgún momento haxa algo de baixón, pero despois de todo tamén son humano.

E como último desexo e, case que o máis importante de todos, por favor, por favor, por favor… facede que a xente a que quero (e a que non tamén) sexan felices. Como vós o vedes todo, sabedes que eu non son dos que desexa que os meus sexan felices. É unha esixencia que lles fago.

Abur, Melchor Gaspar e Baltasar.

Trío de amantes…

Bloged in Persoal by pandeiradasideral xoves decembro 14, 2006

Aínda que só teña 21 anos, o tempo vai pasando. E cada vez máis rápido. Nun ano pasan moitas cousas tanto boas coma malas; un verán agridoce, unha viaxe inesquecible…

E onte cos que quizais sexan tamén os meus irmáns (porque ser irmán lévase no corazón, non no ADN) ademais da miña irmá lexítima, estivemos lembrando as frases que quedarán na nosa cabeza para sempre (a maioría froito de desvaríos e caralladas varias). Posteriormente un intre de silencio rachado por un “Joder…cómo pasa el tiempo. Parece que fue ayer cuando estábamos en la guardería o en los Salesianos haciendo el parvo y realmente llevamos casi 20 años juntos. Sois la pareja estable más larga que he tenido. Un trío de amantes…”

PD: Se non poño algunha das frases revento. E que antes da reflexión rimos moito.

           “Claro después nos pensamos que todo el monte es orégano… y no te es jauja todo”
           “Tranquilas… es enfermero”
           “Guíame Jesús… por este calvario de penas y de desgracias”
           “I’m not made of stone,  neniña….”
           “Que sepas que eres la más guapa que hay aquí…ahí te queda eso…”

Vistas así fóra de contexto non teñen sentido ningún, pero os que sabemos de que vai o tema ten gran valor sentimental.

O buscador…

Bloged in Contos by pandeiradasideral mércores decembro 13, 2006

Esta é a historia dun home ao que eu definiría coma un buscador…
Un buscador é alguén que busca; non necesariamente alguén que atopa.
Tampouco é alguén que, necesariamente, sabe qué é o que está buscando. É simplemente alguén para quen a súa vida é unha búsqueda.
Un día, o buscador sentiu que debía ir hacia a cidade de Kammir. Aprendera a facer caso riguroso destas sensacións que viñan dun lugar descoñecido de sí mesmo. Así que deixouno todo e partiu.

Despois de dous días de marcha polos camiños, divisou, ao lonxe, Kammir, Un pouco antes de chegar ó pobo, chamoulle moito a atención unha montaña á dereita do sendeiro. Estaba tapizada dun verde marabilloso e había un montón de árbores, paxaros e flores encantadoras. Arrodeábaa por completo un valado de madeira.
Unha cancela de bronce convidábao a pasar.
De súpetoo, sentiu que esquecía o pobo e sucumbiu ante a tentación de descansar por un momento naquel lugar.
O buscador traspasou a cancela e comezou a camiñar paseniño entre as pedras brancas que estaban distribuidas o chou, entre as árbores.
Deixou que seus ollos se pousaran coma bolboretas en cada detalle daquel paraíso multicolor.
Seus ollos eran os dun buscador, e quizais por eso atopou aquela inscrición sobre unha deas pedras:

Abdul Tareg, viviu 8 anos, 6 meses, 2 semanas e 3 días

Sobrecolleuse un chisco ó decatarse de que aquela pedra non era simplemente unha piedra: era unha lápida.
Sentiu pena ao pensar que un neno de tan curta idade estaba soterrado naquel lugar.
Mirando o seu redor, o home decatouse de que a pedra do seu carón tamén tiña una inscrición. Achegouse a lela. Dicía:

Yamir Kalib, viviu 5 anos, 8 meses e 3 semanas

o buscador sentiuse terriblemente conmocionado.
Aquel fermoso lugar era un cemiterio, e cada pedra era unha tumba.
Unha por unha, comezou a ler as lápidas.
Todas tiñan inscricións semellantes: un nome e o tempo de vida exacto do finado.
Pero o que lle conectou co espanto foi comprobar que o que máis tempo vivira sobrepasaba apenas os once anos…
Embargado por unha dor terrible, sentouse e comezou a chorar.

o coidador do cemiterio pasaba por alí achegouse.
Ollouno chorar durante un intre en silencio e logo preguntoulle se choraba por algún familiar.
-Non, por ningún familiar —dicía o buscador—. ¿Qué pasa neste pobo? ¿Qué cousa tan terrible hai nesta cidade? ¿Por qué hai tantos nenos mortos soterrados neste lugar? ¿Cal é o terrible meigallo que pesa sobre esta xente, que lles obrigou a construir un cemiterio de nenos?
O ancián sorriu e dixo:
- Pode vostede serenarse. Non hai tal meigallo. O que acontece é que aquí temos un vello costume. Contareille…:

“Cando un xoven cumpre quince anos, seus pais regálanlle unha libreta como esta que teño aquí, para que a colgue ó pescozo. É tradición entre nós que, a partires dese intre, cada vez que un desfruta intensamente de algo, abre a libreta e anota nela:

Á esquerda, qué foi o desfrutado.
Á dereita, canto tempo durou o gozo.

Coñeceu a súa moza e namorouse dela. Canto tempo lle durou esa paixón enorme e o pracer de coñecela? ¿Unha semana? ¿Dúas? ¿Tres semanas e media…?
E despois, a emoción do primeiro bico, o pracer marabilloso do primeiro bico…¿Canto durou? ¿O minuto e medio do bico? ¿Dous días? ¿Unha semana?
¿E o embarazo e o nacemento do primeiro fillo…?
¿E a voda dos amigos?
¿E a viaxe máis desexada?
¿E o encontro co irmán que volta dun país lonxano?
¿ Canto tempo durou o desfrutar destas situacións?
¿Horas? ¿Días?

Así, imos anotando na libreta cada intre que desfrutamos… Cada intre.

Cando alguén morre, é o noso costume abrir a súa libreta e sumar o tempo do desfrutado para escribilo sobre a tumba. Porque ese é pra nós o único e verdadeiro tempo vivido”.

Bucay.

Boas noites.

Mutombo…

Bloged in "Viviendo la magia del basket" by pandeiradasideral martes decembro 12, 2006

dikembemutombo3.jpg

O outro día presentáronme coma q era igual xogando o tipo este. Evidentemente non lle chego nin “a la suela de sus zapatos”. Por certo…que gran merda voltar a xogar o domingo pola mañá ás 11.30. O sábado non se sae…ou sí?

SMS

Bloged in Unha historia do cotiá by pandeiradasideral luns decembro 11, 2006

A dor de espalda non me deixaba coller o sono, así que decidín facer unha limpeza de sms no móbil. Eu debo de ter “Síndrome de Diógenes” para as sms xa que había para dar e tomar dende xuño. Había case 200. E os enviados íanlle a “rebufo”. Dende “jugamos el sábado a las 7 en el pazito” ata “si puedes lleva el cd a la noche” pasando por un “me encantas” ou felicitacións de cumpreanos. De tódolos xeitos hai cousas que non cambian e aínda que as volvas a ler 40.000 veces seguen a porche a 180 pulsos por minuto.

PD: xa é oficial. Comezo de fabricación dos meus regalos e de compras de nadal. Paso de aglomeracións.

Bloged in Persoal by pandeiradasideral domingo decembro 10, 2006

rosa_negra31.jpg

Non piangete per me…sono già morto…

31 queries. 0.412 seconds.
Powered by Wordpress
theme by evil.bert