Cristal de bohemia…

Bloged in "Viviendo la magia del basket" by pandeiradasideral Domingo Xaneiro 28, 2007

No diccionario do jugón de Andrés Montes ven a dicir, aproximadamente, xogador de calidade que case sempre está lesionado. No meu caso o de calidade vai escaso jeje.

Pois creo que ese vai a ser o meu alcume a partires de agora. Co número 12… A. “Cristal de Bohemia” Blanco!! Como din Los Suaves….”Esta vida me va a matar…”

Recomendo….

Bloged in Pelis by pandeiradasideral Xoves Xaneiro 25, 2007

Vinas por recomendación. “O caso Slevin” e “Réquiem por un soño”. E creo que é de menester facelo eu tamén. Así que grandes películas que animo a que vexades. Prefiro non contar sobre que tratan que así é mellor.

34 anos…

Bloged in Persoal by pandeiradasideral Luns Xaneiro 22, 2007

Fai 34 anos que casaron este 21 de xaneiro que xa está reamtando. Veciños de toda a vida. Ela do 2º e el do 5º. Non se pode dicir que pasasen moitas penurias, pero moito tempo el estivo fóra polo traballo. Como igual uns 14 anos no que só viña a fin de semana. Sempre me din que a primeira canción que bailaron foi “El mundo” de Jimmy Fontana. Cos seus máis e os seus menos 34 (realmente 40) anos de amor e humor. Creo que nunca chegarán a ler isto meus pais, pero dende aquí a miña homenaxe: FELIZ ANIVERSARIO

Mutombo’s drinkin showtime…

Bloged in Persoal by pandeiradasideral Sábado Xaneiro 20, 2007

Hoxe só teño forza pra escribir que tanto neno xunto non é bo para o organismo. Aínda así hoxe pola noite… “mutombo’s  drinkin showtime”

Cómo fas?…

Bloged in "Si te preguntan que emisora escuchas...", Persoal by pandeiradasideral Venres Xaneiro 19, 2007

hoffman.jpg

“…no sé como coño haces para estar siemrpe tan despreocupado. Ojalá yo tuviera esa suerte…”

Moi fácil, querida irmá. Tomar as cousas con filosofía. E se estou tenso, tírome na cama, pecho os ollos e escoito ISTO

O barrio tamén pode soñar…

Bloged in Caixón de xastre ou desastre??, Unha historia coma outra calquera by pandeiradasideral Mércores Xaneiro 17, 2007

A rúa sen luces. Está todo escuro. Nin unha soa persoa nelas. Un silencio sepulcral. E a brétema que me impide ver as montañas que se poden observar desde o meu portal. Nin tan seuquera o mitas veces molesto camión de recoller o lixo; ese que non ten os parafusos engraxados e fai un ruido de mil demonios espertando a todo o barrio. Penso que é a primeira vez que vexo durmir o meu barrio. Creo que el tamén pode soñar por momentos…

E ti… soña tamén. Co que máis te apeteza. Ti eres o únic@ don@ dos teus soños… loita para que non chos rouben.

Mono…

Bloged in "Viviendo la magia del basket" by pandeiradasideral Martes Xaneiro 16, 2007

basketball-ball.jpg

Aínda que hoxe no adestramento un ollo se me puxese de loito, teño un mono de partido que non podo con el. Só espero non ter que chegar a terapia substitutiva con metadona.

Lei de probabilidade…

Bloged in Persoal by pandeiradasideral Sábado Xaneiro 13, 2007

“No tienes ninguna posibilidad Ándres…” Só con dicirme iso espertaron en min o feito de facelo, máis que nada por cabezón. Pois parece que o final rompín esa lei… ás veces é mellor dicir que non o intentaches a dicir que é imposible. 

As Leis da Probabilidade están pra desafialas…

Sergent Garcia…

Bloged in "Si te preguntan que emisora escuchas..." by pandeiradasideral Venres Xaneiro 12, 2007

Onte, mentres estaba tomando unha cañita escoiteinos de novo. Sonaba Sergent García (ou Sargento García, como prefirades) e pensei “joder, canto fai que non poño o cd na casa”. E hoxe tocou. “Remastericeino” (volvín a grabalo que xa estaba raiadísisimo) e a todo volume. Creo que durante algún tempiño vai voltar sonar bastante na casa e no coche. Gran redescubrimento.

PD: “Si yo llego yo llego
        Y si no nos vemos allá!!”

Gaiola…

Bloged in Persoal by pandeiradasideral Xoves Xaneiro 11, 2007

nube-jaula-2004.jpg

Hai ocasións nas que penso que estou atrapado nunha gaiola de pensamentos dos que non podo saír. Pensando moito. Demasiado. Pero sempre escoitei que ata as gaiolas teñen portas… aínda menos mal…

26 queries. 0.658 seconds.
Powered by Wordpress
theme by evil.bert