O vaso de cristal…

Bloged in Persoal by pandeiradasideral sábado xaneiro 6, 2007

Mirar a través do cú dun vaso de vidro distorsiona a realidade. Vense cousas que parecen pero non son. As veces miramos a vida, o que nos está acontecendo, a través do vaso porque queremos velo así. Porque somos máis felices vivindo na fantasía, vendo todo como non é. Outras veces porque a inxenuidade crea unha lente invisible xusto diante dos nosos ollos. Se algunha vez me vedes mirando por un vaso, por favor, facede que se rompa dunha boa ostia. As cousas son como son e non hai que vivir nun mundo que non existe.

31 queries. 0.653 seconds.
Powered by Wordpress
theme by evil.bert