Próxima Estación… Corazón
Din por aí, que as persoas temos un reino chamado corazón. Pero non todas o teñen. Algúns carecen del porque simplemente non teñen escrúpulos ou o regalaron e quedou en tan mal estado que cando o recuperaron xa non servía para nada. Tamén din que cada un ten o seu propio rei ou raíña. Falan de que as grandes conquistas son aquelas que están escritas nos libros de historia. Mentira. O reino Corazón non aparece nos libros de historia e, sen embargo, é a mellor conquista que se pode facer. Hai xente que sen mover un dedo xa o ten feito. Pola contra hai outra que inténtaoo mil e unha veces e… nada; pero de todo ten que haber na viña do Señor. Tamén din que hai un tren que leva ata ese reino, pero ollo!! pode ser que só pase unha vez na vida. Estate atento pra non perdelo.
Un día destes vou emprender unha viaxe que teña coma destino ese reino. Próxima Estación: Corazón…
xaneiro 9th, 2007 at 10:43 am
as fotos mándochas esta semana, que non me esquezo!!! a volta ao cole??? buffff… no coments…