Consumista…

Bloged in Caixón de xastre ou desastre?? by pandeiradasideral martes xaneiro 9, 2007

conv.jpg

Me cago na puta…estpume a volver un consumista… A miña última adquisición.

Donvitorcorleone…

Bloged in Caixón de xastre ou desastre?? by pandeiradasideral martes xaneiro 9, 2007

sabina_joaquin6.jpg

Xa sei que te debía unha actualización, por facer unha na miña honra 

Xa sei que tardei un tempo en facelo.

Xa sei que te debo levarte a tomar certo brebaxe.

Xa sei que é unha actualización un pouco cutre pero é o que ten a falta de orixinalidade.

De tódolos xeitos…aquí está señor donvitorcorleone… por seguir conxeniando en amizade moitos anos máis (aínda que non te saibas comportar nos restaurantes, xD)

PD: Non tiña foto túa así que vai unha de Sabina que sei que te vai.

Próxima Estación… Corazón

Bloged in Caixón de xastre ou desastre??, Contos by pandeiradasideral domingo xaneiro 7, 2007

Din por aí, que as persoas temos un reino chamado corazón. Pero non todas o teñen. Algúns carecen del porque simplemente non teñen escrúpulos ou o regalaron e quedou en tan mal estado que cando o recuperaron xa non servía para nada. Tamén din que cada un ten o seu propio rei ou raíña. Falan de que as grandes conquistas son aquelas que están escritas nos libros de historia. Mentira. O reino Corazón non aparece nos libros de historia e, sen embargo, é a mellor conquista que se pode facer. Hai xente que sen mover un dedo xa o ten feito. Pola contra hai outra que inténtaoo mil e unha veces e… nada; pero de todo ten que haber na viña do Señor. Tamén din que hai un tren que leva ata ese reino, pero ollo!! pode ser que só pase unha vez na vida. Estate atento pra non perdelo.
Un día destes vou emprender unha viaxe que teña coma destino ese reino. Próxima Estación: Corazón…

O vaso de cristal…

Bloged in Persoal by pandeiradasideral sábado xaneiro 6, 2007

Mirar a través do cú dun vaso de vidro distorsiona a realidade. Vense cousas que parecen pero non son. As veces miramos a vida, o que nos está acontecendo, a través do vaso porque queremos velo así. Porque somos máis felices vivindo na fantasía, vendo todo como non é. Outras veces porque a inxenuidade crea unha lente invisible xusto diante dos nosos ollos. Se algunha vez me vedes mirando por un vaso, por favor, facede que se rompa dunha boa ostia. As cousas son como son e non hai que vivir nun mundo que non existe.

Unha e outra vez…

Bloged in "Si te preguntan que emisora escuchas...", Persoal by pandeiradasideral xoves xaneiro 4, 2007

PD: O video é de Moby e a canción non sei.

Consello de sabios

Bloged in Persoal by pandeiradasideral mércores xaneiro 3, 2007

Hoxe reuniuse un consello de sabios en Pereiro de Aguiar. Unha sesión de rajar en plan desafogo cun chouriciño, salchichón e queixo e unha cevexiña para comentar as xogadas. Parecía unha sesión de cotilleos. Falar dos que facía tempo que non se ven, de como nos vai, que novidades hai e de todo un pouco. Por suposto e coma remate que non faltase o licor café. E como me gustan este tipo de reunións. Sen dúbida hai que repetir en breve.

saúdos e boas noites

Non sei mentir…

Bloged in Persoal by pandeiradasideral mércores xaneiro 3, 2007

Non sei o porque, pero sempre me notan todo na mirada. Son incapaz de mentir…

PD: A miña mirada hoxe ten purpurina.

Nescencia Necat

Bloged in Persoal by pandeiradasideral luns xaneiro 1, 2007

É xeito de actuar sublime ó alcance de moi poucos. Dos mellores diría eu. Ser obxecto dun xogo no que non sabes que formas parte. Ser unha marioneta nos fíos manexados por outra persoa. Ir consumíndote pouco a pouco sen que o saibas. Sí, amigos meus…trátase do engano. Non todo o mundo sabe enganar; levar ao seu terreo. O supremo arte de aniquilar pouco a pouco a través da palabra. E o afectado sen darse conta, polo que máis que nunca afirmo: NESCENCIA NECAT

Aninovo…

Bloged in Caixón de xastre ou desastre??, Sen clasificar by pandeiradasideral luns xaneiro 1, 2007

E coma recibín este 2007?? Cunha “maniobra de Heimlich”. En plan heroe. E outro dos grandes clásicos onde os haxa: A ”Marcha Radetzky” (ver) a todo volumen.

Hoxe é dun deses días en plan reflexión en estado vexetativo. Hai que beber menos. Hai de deixar de facer o gilipollas. bla bla bla

31 queries. 0.775 seconds.
Powered by Wordpress
theme by evil.bert