Inspiración…

Bloged in Caixón de xastre ou desastre?? by pandeiradasideral Domingo Febreiro 25, 2007

Dícese do sentir do estímulo creativo que fai que o artista cree de maneira eficaz. Cada un ten o seu intre. Comicamente, para moitos prodúcese no que poderíamos considerar o “momento All-Bran”. De feito moitas das frases máis emotivas están nas paredes das portas dos cuartos de baño. Repito, parece de chiste; pero é certo. Non é o meu caso. O meu cerebro comeza a traballar cando estou na cama, nesa fase na que non sabes se estás no mundo real ou no mundo dos soños. Podería dicir que é un sprint final de ideas antes do remate da proba no que chegará o merecido descanso.

O mellor que se creou no mundo mundial foi grazas á inspiración… Bendita inspiración…

PD: E ti?… Tes ese momento?

Obra mestra

Bloged in Sen clasificar by pandeiradasideral Xoves Febreiro 22, 2007

Sinxelamente unha obra mestra, tanto polo coche coma pola peza de música (Marcha Turca de Mozart)

Entroido…

Bloged in Persoal by pandeiradasideral Martes Febreiro 20, 2007

Despois de horas de festa, sobredose de cocido, inxestas pantagruélicas de orellas e de perder a pouca dignidade que me quedaba despois do meu show ó estilo Nadia Comanecci só podo afirmar… VIVA O ENTROIDO, A CARPA DO CORREXIDOR E AS CHARANGAS DE VIÑOS!!

PD.: O plan aforrativo a base de DYC… vaia tortura…

Espertar…

Bloged in Persoal by pandeiradasideral Martes Febreiro 20, 2007

Espertar a 160 pulsos por minuto no medio da escuridade. Poñer as gafas e ver que o reloxo luminoso marca aínda as 5.53 e non sei porque raio teño unha sobredose de pensamentos se nin tan sequera teño a conciencia de estar a soñar con algo ou alguén. A camisola coa que durmo enchoupada de suor. Érgome e vou cara o baño. Lávome e sécome un pouco, poño outra camisola e deixo as gafas na silla que fai de mesiña de noite e outra vez a tentar durmir. Quedo cavilando no motivo deste espertar e só me sae unha resposta. Aínda así prefiro pensar que foi que me sentou mal a cea…

Detalles…

Bloged in Caixón de xastre ou desastre?? by pandeiradasideral Domingo Febreiro 11, 2007

Penso que o que fai que podas socializar cunha persoa débese á suma do conxunto de “detalles” que esa persoa teña cara ti e co resto das persoas. E como din que unha das “salsas da vida” son as relacións de socialización entre as persoas, por medio dun siloxismo totalmente sinxelo e ata case que vulgar, xa que nin sequera sei si se o explico ben ou se está ben feito, poderíase chegar a dicir que a vida é un compendio de pequenos detalles.

Como se fose ó máis puro estilo do anuncio da que posiblemente (cousa da que discrepo) sexa a “kulún guelé” birra do mundo… “todo depende do detalle”

A miña cabeciña…

Bloged in Persoal by pandeiradasideral Sábado Febreiro 10, 2007

Que carallo me puxeron onte no meu vaso???

What a wonderful headache!!

Xa está chegando…

Bloged in Caixón de xastre ou desastre?? by pandeiradasideral Mércores Febreiro 7, 2007

Entre que teño o nocello escangallado e o meu ordenador está na antesala da morte teño o blog abandoado cual “cadelo rueiro”. Realmente pouco é o que me acontece como para poñer algo substancial. Unicamente dicir que xa chega o tan ansiado entroido, festa na que case todo se permite. E para mostra un botón: o ex-concelleiro de deportes, que tódolos anos rapaba o seu espeso e rechamante mostacho e máis as súas pernas para vestir de cortesana, doncella, cabareteira, fulana ou puta (como queirades escoller). E outra mostra: Eu de plátano. Aquela noite saín fisicamente malparado, pero como din por aí… sóplame o cara… (o membro fálico). Paseino de puta nai e se este ano é a metade do anterior, non direi que me conformo pero mal non estaría.

Noutro orde de cousas. felicitar dende aquí a rapaza que teño que convidar á vindeira churrascada que organice na miña humilde morada. A cumplir moitos máis.

Saúdos a todo o mundo.

Xente pra todo…

Bloged in Persoal by pandeiradasideral Venres Febreiro 2, 2007

Non teño os ollos máis bonitos do mundo e, seguramente, tampouco os da miña cidade. Pero sírvenme para decatarme que hai moitísimas cousas que non entendo. Sempre din que para todo neste mundo hai unha explicación. Ata para os fenómenos acontecidos que narra a Biblia. Pero hai certos comportamentos humanos que non dou asimilado. E que iso de actuar do mesmo xeito do que nunca te cansas de criticar…ten moita tela…pero ten que haber xente pra todo…

PD: Non tiven tempo de amosar que andabamos a buscar o mesmo obxectivo

26 queries. 0.652 seconds.
Powered by Wordpress
theme by evil.bert