Xente pra todo…
Non teño os ollos máis bonitos do mundo e, seguramente, tampouco os da miña cidade. Pero sírvenme para decatarme que hai moitísimas cousas que non entendo. Sempre din que para todo neste mundo hai unha explicación. Ata para os fenómenos acontecidos que narra a Biblia. Pero hai certos comportamentos humanos que non dou asimilado. E que iso de actuar do mesmo xeito do que nunca te cansas de criticar…ten moita tela…pero ten que haber xente pra todo…
PD: Non tiven tempo de amosar que andabamos a buscar o mesmo obxectivo