Detalles…
Penso que o que fai que podas socializar cunha persoa débese á suma do conxunto de “detalles” que esa persoa teña cara ti e co resto das persoas. E como din que unha das “salsas da vida” son as relacións de socialización entre as persoas, por medio dun siloxismo totalmente sinxelo e ata case que vulgar, xa que nin sequera sei si se o explico ben ou se está ben feito, poderíase chegar a dicir que a vida é un compendio de pequenos detalles.
Como se fose ó máis puro estilo do anuncio da que posiblemente (cousa da que discrepo) sexa a “kulún guelé” birra do mundo… “todo depende do detalle”
febreiro 13th, 2007 at 12:07 pm
jeje o carné do xabarin pasará ós meus fillos!!!jeje algo básico para unha boa oinkducacion!