Entroido…

Bloged in Persoal by pandeiradasideral martes febreiro 20, 2007

Despois de horas de festa, sobredose de cocido, inxestas pantagruélicas de orellas e de perder a pouca dignidade que me quedaba despois do meu show ó estilo Nadia Comanecci só podo afirmar… VIVA O ENTROIDO, A CARPA DO CORREXIDOR E AS CHARANGAS DE VIÑOS!!

PD.: O plan aforrativo a base de DYC… vaia tortura…

Espertar…

Bloged in Persoal by pandeiradasideral martes febreiro 20, 2007

Espertar a 160 pulsos por minuto no medio da escuridade. Poñer as gafas e ver que o reloxo luminoso marca aínda as 5.53 e non sei porque raio teño unha sobredose de pensamentos se nin tan sequera teño a conciencia de estar a soñar con algo ou alguén. A camisola coa que durmo enchoupada de suor. Érgome e vou cara o baño. Lávome e sécome un pouco, poño outra camisola e deixo as gafas na silla que fai de mesiña de noite e outra vez a tentar durmir. Quedo cavilando no motivo deste espertar e só me sae unha resposta. Aínda así prefiro pensar que foi que me sentou mal a cea…

31 queries. 0.350 seconds.
Powered by Wordpress
theme by evil.bert