Inspiración…

Bloged in Caixón de xastre ou desastre?? by pandeiradasideral domingo febreiro 25, 2007

Dícese do sentir do estímulo creativo que fai que o artista cree de maneira eficaz. Cada un ten o seu intre. Comicamente, para moitos prodúcese no que poderíamos considerar o “momento All-Bran”. De feito moitas das frases máis emotivas están nas paredes das portas dos cuartos de baño. Repito, parece de chiste; pero é certo. Non é o meu caso. O meu cerebro comeza a traballar cando estou na cama, nesa fase na que non sabes se estás no mundo real ou no mundo dos soños. Podería dicir que é un sprint final de ideas antes do remate da proba no que chegará o merecido descanso.

O mellor que se creou no mundo mundial foi grazas á inspiración… Bendita inspiración…

PD: E ti?… Tes ese momento?

31 queries. 0.591 seconds.
Powered by Wordpress
theme by evil.bert