Exaltación da amizade…
Din que é unha das fases dunha borracheira…de tódolos xeitos aquí está a miña homenaxe a tan singular acontecemento
Din que é unha das fases dunha borracheira…de tódolos xeitos aquí está a miña homenaxe a tan singular acontecemento
Trocaría o motivo da miña excitante estancia de fin de semana a pensión completa nunha habitación dunha clínica Non me importaría que fose debida ao Síndrome de Stendhal (que creo que me aconteceu algo semellante cunha moza), no canto de ser por un golpe na cabeza xogando ó baloncesto. Sería moito máis….. poético. E estar nesa habitación da clínica dá moito para pensar e facer (aínda que resulte paradóxico). Non vou negar de que tetornasen as pantasmas do pasado, pero rematas por sacar cousas en positivo. Desta vez… os detalles das persoas.
Saúdos
A quen non lle gusta lembrar cando era neno? E para mostra un botón. Un exitazo que pegou moi forte patio do meu colexio en Versión Orixinal Subtitulada.
Sei que o que me mata é a miña falta de iniciativa e o estar nunha dúbida constante. Cando me decido porque teño unha arroutada decátome de que o momento era… xa fai tempo. Necesito ser máis impulsivo, deixar de analizar tan detidamente os “pros e os contras”. O tempo pasa moi rápido como para perder o tempo afogado nun mar de dúbidas.
E hoxe lembreime dunha destas conversas sen sentido que se teñen os sábados pola noite. Para ser máis exacto, destas que tes cando marchas pra casa digamos que… non ó 100%. O caso é que un día indo cara casa nunha das arroutadas de estupidez que teño moitas veces, dígolle a un amigo…
“Oes vou escribir á TVG para que fagan un gran hermano VIP pero con personaxes da terra. E como suxerencias poría a Karina Falagan, Gayoso, Piñeiro, Ana Kiro e Cañita Brava. Ti a quen porías?”
“Buah tío.. yo al Tacho al Pemán y a los Tonechos fijos… y de tipas no sé”
“Cala case me esquezo! A la Mercedes Peón para que faga dúo co Cañita Brava. Ela tocando o sacho e el as cucharas..”
“Éxito garantizado… eh! y a la Amadora también”
Dícese do sentimento que sofre unha persoa cando é humillada.
É o único que sentín o sábado. Ver que a locomotora non ten vagóns que lle sigan no camiño non é plato de gusto. Sempre crin que con vontade todo se pode, pero creo que se está vindo abaixo este principio. Tanto me tocou que pola noite sentinme coma un zombie vagando por rúas de xente e iso que estaba ateigada de xente. Teño claro que esto non me dá de comer que só o fago por diversión, pero se esto último non funciona haberá que replantexarse moitas cousas.
E como non o domingo máis do mesmo. 19 puntos que non serviron para nada. Desfondarme ata chegar extenuado no vestiario. Polo menos tiven a grata sorpresa de ter o meu pai coma siareiro de excepción. Apareceu por alí como quen non quere a cousa e o rematar o partido: “no es por amor de padre pero has sido el mejor con diferencia. Le has puesto huevos al asunto” Vindo de meu pai todo un halago. Polo menos funme contento para casa. Fíxome esquecer todo o acontecido.
Ver que o móbil bota fume o día do teu cumpleanos sempre é unha boa noticia. Significa que a xente se lembra de ti; incluíndo algunha non agardada é que me fixo moita ilusión. Algún é posible que o fixera polo simple trámite de facer, pero creo que a ampla maioría o fixo porque así o sentía. Moitas grazas a todos.
Como estaba la plaza?
Abarrotá
Y cuantas personas había?
22, 22 ,22 ,22 ,22
äs veces non vén nada mal unha autofelicitación…
A medida que nos imos facendo maiores, menos sabemos o que queremos… quizais nos derradeiros segundos da vida saibamos o que queríamos pero coido que xa será tarde e non teremos tempo
Resulta que descubrín que fai coma uns 25 anos meu pai era un auténtico Risto Mejide. (Premer aquí para ler cabeceira de artigo)