As prohibicións son boas…

Bloged in Persoal by pandeiradasideral Venres Abril 27, 2007

Estando en 2º de Bacharelato un profesor de “Lengua y literatura española” díxome: “Bueno… en vistas de que has estado en el hospital 15 días te conmuto el examen por hacerme un trabajo sobre poesía. Ya sé que no es tu fuerte, pero a ver que te puedes sacar de la chistera…”

Eu, como sempre, deixeino todo para o final pero bendita inspiración que o ver un sinal de prohibido o paso veume unha luz con algo que lera anteriormente non sei onde. Grazas o milagro de Internet foi cuestión de buscar e atopar. Así que titulei o traballo “Las prohibiciones son buenas” e nese traballo ía un fragmento dun poema de Cuervo Barrero que se chama “Queda prohibido”.

Queda prohibido llorar sin aprender,
levantarme un día sin saber qué hacer,
tener miedo a mis recuerdos,
sentirme sólo alguna vez.

Queda prohibido no sonreír a los problemas,
no luchar por lo que quiero,
abandonarlo todo por tener miedo,
no convertir en realidad mis sueños.

Queda prohibido no demostrarte mi amor,
hacer que pagues mis dudas y mi mal humor,
inventarme cosas que nunca ocurrieron,
recordarte sólo cuando no te tengo.

Queda prohibido dejar a mis amigos,
no intentar comprender lo que vivimos,
llamarles sólo cuando los necesito,
no ver que también nosotros somos distintos.

Queda prohibido no ser yo ante la gente,
fingir ante las personas que no me importan,
hacerme el gracioso con tal de que me recuerden,
olvidar a todos aquellos que me quieren.

Queda prohibido no hacer las cosas por mí mismo,
no creer en mi dios y hallar mi destino,
tener miedo a la vida y a sus castigos,
no vivir cada día como si fuera un último suspiro.

Queda prohibido echarte de menos sin alegrarme,
odiar los momentos que me hicieron quererte,
todo porque nuestros caminos han dejado de abrazarse,
olvidar nuestro pasado y pagarlo con nuestro presente.

Queda prohibido no intentar comprender a las personas,
pensar que sus vidas valen más que la mía,
no saber que cada uno tiene su camino y su dicha,
sentir que con su falta el mundo se termina.

Queda prohibido no crear mi historia,
dejar de dar las gracias a mi familia por mi vida,
no tener un momento para la gente que me necesita,
no comprender que lo que la vida nos da, también nos lo quita.

Un pequeno análise do poema e aí o vai… o meu único 10 en Lengua y Literatura Española.

Fe…

Bloged in Persoal by pandeiradasideral Luns Abril 23, 2007

Non sei ata que punto a fe move montañas… Eu creo máis na terreal que na celestial. Creo máis na mestura de fe e vontade, posto que con esta última todo se pode. Hai intres que pensas que podes facer o que sexa… menos mal que sempre hai alguén que chega e te lembra unha e outra vez que nunca poderás camiñar por riba das augas… Penso que, ás veces, o meu cerebro está feito a base de alpiste porque se me enche de paxaros a cabeza…

O soldado…

Bloged in Contos by pandeiradasideral Venres Abril 20, 2007

Meu amigo aínda non regresou do Campo de Batalla, señor. Solicito permiso para ir buscalo” dixo un soldado ó seu tenente. “Permiso denegado”, replicoulle o oficial, “non quero que arrisque vostede a súa vida por un home que probablemente morrese”. O soldado, non faciendo caso da súa prohibición, saiu e unha hora máis tarde regresou mortalmente ferido, levando o cadáver do seu amigo. O oficial estaba furioso: “Xa lle dije eu que morrera!. Dígame: Facía falla ir aló para traer un cadáver?” O soldado, moribundo, respondeulle: “Abofé que si, señor!. Cando o atopei, aínda estaba vivo e puido dicirme : Estaba seguro de que virías…

Boas noites

Nomes…

Bloged in Caixón de xastre ou desastre?? by pandeiradasideral Mércores Abril 18, 2007

Xa podemos chamarnos como nos saia do lugar onde as costas perden o seu honrable nome. Os Franciscos poderanse inscribir no Rexistro Civil coma Pacos, os Ramones coma Monchos, As Dolores coma Lolas e as Mercedes coma Merches. O caso é que dende onte hai un neno en Ames que se chama legalmente Pepe. Aquí vos deixo a nova para que lle botedes unha ollada. O derradeiro parágrafo non ten perda haha.

mmmMúsicas

Bloged in "Si te preguntan que emisora escuchas...", Persoal by pandeiradasideral Luns Abril 16, 2007

Esto é unha iniciativa que partiu dun blog chamado Casatlantica e que consiste en colgar mellores canciones para foder. Eu non son partidario de seguir as cadeas porque penso que se existen é para rachalas, pero esto polo menos pareceume curioso. É incrible ver como unha gran cantidade de blogs seguiron este, que xa ben poderiamos chamar, fenómeno. Ata por mail chegoume e tamén por parte da miña irmá que non fondo é unha morbosa e  unha cotilla e quere saber de todo o que me acontece. Pero indo o tema, aquí está a miña lista. Máis ben son cancións que van encamiñadas a… ejem… a iso.

GOMEZ- Get miles

Ten un puntiño de hino psicodélico ó comezo que ten o seu aquel. Por certo se alguén lle sona a canción e non sabe de que dicir que sae nun capítulo de House.

NEIL YOUNG-Down by the river

O solo de guitarra é moi suxerente. Sen prisas. Non puxen o video do tubo porque non atopei a versión de estudo.

SERGE GAINSBOURG & JANE BIRKIN- Je t’aime

Clásico onde os haxa. Por certo, non vén a conto, pero os Irmáns Calatrava teñen unha versión moi curiosa desta canción parodiando o conto da Carapuchiña Vermella.

GÖLDFRAPP-Ooh la la

A ritmo de baile…pero horizontal.

GORILLAZ-Kids with guns

E o derradeiro. A min é unha melodía que me incita. Pero bueno para gustos hai cores e agardo que sexan máis co do video.

CHRIS ISAAK-Baby did a bad bad thing

Outro clásico.

Lembrar que cada un ponlle a súa vida a música que quere. 

 

Desfrutar de novo…

Bloged in Persoal by pandeiradasideral Domingo Abril 15, 2007

Non pode haber nada mellor que desfrutar de aquelo que daba por perdido. De voltar a pasalo ben facendo o que me gusta. Grazas por facer que por un día esquecese todo.

Simplemente grandioso

Bloged in Caixón de xastre ou desastre?? by pandeiradasideral Sábado Abril 14, 2007

Aínda que me saiba a maioría dos diálogos de memoria… nunca deixará de sorprenderme

Tecnoloxía…

Bloged in Persoal by pandeiradasideral Venres Abril 13, 2007

Despois de renovar lixeiramente a tecnoloxía na miña casa, por fin podo ver películas en dvd coma o resto dos mortales. Non fai moito, unha señorita tentaba venderme por teléfono unha serie de dvd’s do grupo crtvg, pero non me lembro que materia tiñan. Eu contesteille que non tiña dvd e ela cría que o que quería era desfacerme dela para que non me amolase máis. E así mo expuso moi educadamente. A miña resposta foi entre risas…. “jajaja non…en serio..que non teño”. Silencio. Á señorita xa lle daba igual venderme os seus dvd´s. Agora só lle importaba a miña vida privada. “Pero como fas para o videoclub??… en serio que non tes?” a miña resposta foi moi simple. “Pois é que non vou moito o videoclub. Ademais….agora mesmo estoume decatando de que son un pouco Amish… e que non te pareza mal pero é que vou chegar tarde a un sitio e esto non é por desfacerme de ti tampouco…tamén é certo” “todavía non creo o do dvd…. Bueno pois que teñas bo día”

Por fin estou algo máis acorde cos tempos que corren…

Rasca mamá…

Bloged in Persoal by pandeiradasideral Venres Abril 13, 2007

amidalite.jpg

Cambio de imaxe….

Bloged in Caixón de xastre ou desastre?? by pandeiradasideral Mércores Abril 11, 2007

Un cambio de look de cando en vez non está mal…nonsí?

26 queries. 0.699 seconds.
Powered by Wordpress
theme by evil.bert