Bloged in Persoal by pandeiradasideral Xoves Setembro 20, 2007

O home é a única persoa capaz de tropezar dúas veces na mesma rocha…

…ou tres

Nena… ghastas pista?

Bloged in "Si te preguntan que emisora escuchas..." by pandeiradasideral Xoves Setembro 13, 2007

Viña eu camiñando para casa, e como ía escoitando música e xurdiume unha dúbida inquietante: …. mosquis… desapareceu a febre da canción do verano?

O certo é que mentres chegaba e non chegaba fun facendo memoria das que lembraba e aquí unhas mostras.

E hai moitas máis, pero tampouco era plan de poñelas todas.

Xa vai un ano…

Bloged in Persoal by pandeiradasideral Domingo Setembro 9, 2007

Nun ano pasan moitas cousas. De feito tódolos días pasan moitas cousas, o que pasa é que non lle damos importancia ou estamos tan acostumados a que pasen que, realmente, danos un pouco igual.

Non é que eu teña un don para a escritura; nin moito menos. Quizá o que escriba niste blog as veces non teña nin sentido, pero o caso é que na maioría das veces sirve como válvula de escape. Xa que eu son moi parco en palabras e me custa moito abrirme aos demais pois isto contribúe a contrarrestar.

Agora mesmo cheguei a casa. Fun tomar algo por aí cuns colegas, pero atopeime tan fóra de sitio que optei por voltar. E fíxeno nun coche de policía (Que sensación!). O caso é que se me deu por facer un repaso do blog ( o cal tiña medio esquecido nestes últimos tempos, por falta de tempo principalmente) e descubrín que cumpría un ano. O certo é que despois desta lectura decátaste de que estás a facer un repaso da túa vida; dende o baloncesto, ata os estudos pasando por amores e desamores camuflados nos escritos ou tamén as reflexións máis disparatadas que poidan xurdir dos soños. Se paras a pensar un chisco, descubres que a vida dá moitas voltas e realmente é o que lle dá aliciente á mesma.

Aínda queda algunha que outra cousa que contar, pero como dicían na película… “todo o seu debido tempo”. Un saúdo a aqueles que perdan o seu valioso tempo lendo isto.

Pesadelos

Bloged in Caixón de xastre ou desastre?? by pandeiradasideral Domingo Setembro 2, 2007

O único que se aprende nos pesadelos é querer saír de eles…

26 queries. 0.575 seconds.
Powered by Wordpress
theme by evil.bert