Xa vai un ano…
Nun ano pasan moitas cousas. De feito tódolos días pasan moitas cousas, o que pasa é que non lle damos importancia ou estamos tan acostumados a que pasen que, realmente, danos un pouco igual.
Non é que eu teña un don para a escritura; nin moito menos. Quizá o que escriba niste blog as veces non teña nin sentido, pero o caso é que na maioría das veces sirve como válvula de escape. Xa que eu son moi parco en palabras e me custa moito abrirme aos demais pois isto contribúe a contrarrestar.
Agora mesmo cheguei a casa. Fun tomar algo por aí cuns colegas, pero atopeime tan fóra de sitio que optei por voltar. E fíxeno nun coche de policía (Que sensación!). O caso é que se me deu por facer un repaso do blog ( o cal tiña medio esquecido nestes últimos tempos, por falta de tempo principalmente) e descubrín que cumpría un ano. O certo é que despois desta lectura decátaste de que estás a facer un repaso da túa vida; dende o baloncesto, ata os estudos pasando por amores e desamores camuflados nos escritos ou tamén as reflexións máis disparatadas que poidan xurdir dos soños. Se paras a pensar un chisco, descubres que a vida dá moitas voltas e realmente é o que lle dá aliciente á mesma.
Aínda queda algunha que outra cousa que contar, pero como dicían na película… “todo o seu debido tempo”. Un saúdo a aqueles que perdan o seu valioso tempo lendo isto.
Setembro 12th, 2007 at 10:29 pm
non estou nada de acordo contigo cando dis que ler o teu blo é unha perda de tempo… vas levar no cu de fontaneiro que Deus che deu!!!!! ti segue a ser como es e non cambies!! nin imaxinas o que vales…
unha que che quere como ao irmán que nunca terá
Setembro 13th, 2007 at 12:23 am
O da perda de tempo era un xeito de falar… igual a palabra máis axeitada fose invertir.
Cando lin o comentario entroume un pálpito e púxoseme a pel de pita… Voume cun sorriso para a cama!!