Pesadelos
O único que se aprende nos pesadelos é querer saír de eles…
Xa podemos chamarnos como nos saia do lugar onde as costas perden o seu honrable nome. Os Franciscos poderanse inscribir no Rexistro Civil coma Pacos, os Ramones coma Monchos, As Dolores coma Lolas e as Mercedes coma Merches. O caso é que dende onte hai un neno en Ames que se chama legalmente Pepe. Aquí vos deixo a nova para que lle botedes unha ollada. O derradeiro parágrafo non ten perda haha.
Aínda que me saiba a maioría dos diálogos de memoria… nunca deixará de sorprenderme
Toda persoa que o ve quéreo… Coido que montarei un negocio jeje
PD: Bueno vaaaale o que queira aprender que mo diga que está tirado. A foto está en pequerrecho pq non a atopei máis grande.
E hoxe lembreime dunha destas conversas sen sentido que se teñen os sábados pola noite. Para ser máis exacto, destas que tes cando marchas pra casa digamos que… non ó 100%. O caso é que un día indo cara casa nunha das arroutadas de estupidez que teño moitas veces, dígolle a un amigo…
“Oes vou escribir á TVG para que fagan un gran hermano VIP pero con personaxes da terra. E como suxerencias poría a Karina Falagan, Gayoso, Piñeiro, Ana Kiro e Cañita Brava. Ti a quen porías?”
“Buah tío.. yo al Tacho al Pemán y a los Tonechos fijos… y de tipas no sé”
“Cala case me esquezo! A la Mercedes Peón para que faga dúo co Cañita Brava. Ela tocando o sacho e el as cucharas..”
“Éxito garantizado… eh! y a la Amadora también”
A medida que nos imos facendo maiores, menos sabemos o que queremos… quizais nos derradeiros segundos da vida saibamos o que queríamos pero coido que xa será tarde e non teremos tempo
Mentres agardaba o meu turno no fisio, collñin unha revista e abrina o chou polo medio máis ou menos. Din cunha páxina na que relacionaba a túa personalidade co xeito de durmir. Resultoume curioso ver que os que, coma min, durmen boca abaixo abrazando a almofada coma se fose a súa moza, teñen os seguintes rasgos.
la postura de “caída libre” -siete por ciento-, que consiste en dormir boca abajo con las manos alrededor de la almohada.
Los que acostumbran a adoptar esta posición suelen ser sociables y tener gran desparpajo, pero también son nerviosos y se enfadan fácilmente. Son pacíficos, pero no aceptan bien las críticas ni las situaciones conflictivas.
Os que me coñecedes, xuzgade… pero non vou aceptar ningunha crítica!!!! jaja.
Tamén, non sei por que, esos test que che mandan por correo nos que figuran coma unhas 200 preguntas nas que queren saber de todo un pouco: que comes, que fas nada máis erguerte, a túa moza ideal, de cantas capas é o papel hixiñenico que empregas para limpar o cú…. bla bla bla… Cheguei a casa e o acender o pc, descubrín que tiña un deses test feito. E despois de botarlle unha ollada… só podo dicir coma dicía a estrofa dunha canción… “Como cambian los tiempos, Venancio, ¿qué te parece?…”. Algún día será de mester publicalo.
27 queries. 0.667 seconds.
Powered by Wordpress
theme by evil.bert