O soldado…

Bloged in Contos by pandeiradasideral Venres Abril 20, 2007

Meu amigo aínda non regresou do Campo de Batalla, señor. Solicito permiso para ir buscalo” dixo un soldado ó seu tenente. “Permiso denegado”, replicoulle o oficial, “non quero que arrisque vostede a súa vida por un home que probablemente morrese”. O soldado, non faciendo caso da súa prohibición, saiu e unha hora máis tarde regresou mortalmente ferido, levando o cadáver do seu amigo. O oficial estaba furioso: “Xa lle dije eu que morrera!. Dígame: Facía falla ir aló para traer un cadáver?” O soldado, moribundo, respondeulle: “Abofé que si, señor!. Cando o atopei, aínda estaba vivo e puido dicirme : Estaba seguro de que virías…

Boas noites

Próxima Estación… Corazón

Bloged in Caixón de xastre ou desastre??, Contos by pandeiradasideral Domingo Xaneiro 7, 2007

Din por aí, que as persoas temos un reino chamado corazón. Pero non todas o teñen. Algúns carecen del porque simplemente non teñen escrúpulos ou o regalaron e quedou en tan mal estado que cando o recuperaron xa non servía para nada. Tamén din que cada un ten o seu propio rei ou raíña. Falan de que as grandes conquistas son aquelas que están escritas nos libros de historia. Mentira. O reino Corazón non aparece nos libros de historia e, sen embargo, é a mellor conquista que se pode facer. Hai xente que sen mover un dedo xa o ten feito. Pola contra hai outra que inténtaoo mil e unha veces e… nada; pero de todo ten que haber na viña do Señor. Tamén din que hai un tren que leva ata ese reino, pero ollo!! pode ser que só pase unha vez na vida. Estate atento pra non perdelo.
Un día destes vou emprender unha viaxe que teña coma destino ese reino. Próxima Estación: Corazón…

O buscador…

Bloged in Contos by pandeiradasideral Mércores Decembro 13, 2006

Esta é a historia dun home ao que eu definiría coma un buscador…
Un buscador é alguén que busca; non necesariamente alguén que atopa.
Tampouco é alguén que, necesariamente, sabe qué é o que está buscando. É simplemente alguén para quen a súa vida é unha búsqueda.
Un día, o buscador sentiu que debía ir hacia a cidade de Kammir. Aprendera a facer caso riguroso destas sensacións que viñan dun lugar descoñecido de sí mesmo. Así que deixouno todo e partiu.

Despois de dous días de marcha polos camiños, divisou, ao lonxe, Kammir, Un pouco antes de chegar ó pobo, chamoulle moito a atención unha montaña á dereita do sendeiro. Estaba tapizada dun verde marabilloso e había un montón de árbores, paxaros e flores encantadoras. Arrodeábaa por completo un valado de madeira.
Unha cancela de bronce convidábao a pasar.
De súpetoo, sentiu que esquecía o pobo e sucumbiu ante a tentación de descansar por un momento naquel lugar.
O buscador traspasou a cancela e comezou a camiñar paseniño entre as pedras brancas que estaban distribuidas o chou, entre as árbores.
Deixou que seus ollos se pousaran coma bolboretas en cada detalle daquel paraíso multicolor.
Seus ollos eran os dun buscador, e quizais por eso atopou aquela inscrición sobre unha deas pedras:

Abdul Tareg, viviu 8 anos, 6 meses, 2 semanas e 3 días

Sobrecolleuse un chisco ó decatarse de que aquela pedra non era simplemente unha piedra: era unha lápida.
Sentiu pena ao pensar que un neno de tan curta idade estaba soterrado naquel lugar.
Mirando o seu redor, o home decatouse de que a pedra do seu carón tamén tiña una inscrición. Achegouse a lela. Dicía:

Yamir Kalib, viviu 5 anos, 8 meses e 3 semanas

o buscador sentiuse terriblemente conmocionado.
Aquel fermoso lugar era un cemiterio, e cada pedra era unha tumba.
Unha por unha, comezou a ler as lápidas.
Todas tiñan inscricións semellantes: un nome e o tempo de vida exacto do finado.
Pero o que lle conectou co espanto foi comprobar que o que máis tempo vivira sobrepasaba apenas os once anos…
Embargado por unha dor terrible, sentouse e comezou a chorar.

o coidador do cemiterio pasaba por alí achegouse.
Ollouno chorar durante un intre en silencio e logo preguntoulle se choraba por algún familiar.
-Non, por ningún familiar —dicía o buscador—. ¿Qué pasa neste pobo? ¿Qué cousa tan terrible hai nesta cidade? ¿Por qué hai tantos nenos mortos soterrados neste lugar? ¿Cal é o terrible meigallo que pesa sobre esta xente, que lles obrigou a construir un cemiterio de nenos?
O ancián sorriu e dixo:
- Pode vostede serenarse. Non hai tal meigallo. O que acontece é que aquí temos un vello costume. Contareille…:

“Cando un xoven cumpre quince anos, seus pais regálanlle unha libreta como esta que teño aquí, para que a colgue ó pescozo. É tradición entre nós que, a partires dese intre, cada vez que un desfruta intensamente de algo, abre a libreta e anota nela:

Á esquerda, qué foi o desfrutado.
Á dereita, canto tempo durou o gozo.

Coñeceu a súa moza e namorouse dela. Canto tempo lle durou esa paixón enorme e o pracer de coñecela? ¿Unha semana? ¿Dúas? ¿Tres semanas e media…?
E despois, a emoción do primeiro bico, o pracer marabilloso do primeiro bico…¿Canto durou? ¿O minuto e medio do bico? ¿Dous días? ¿Unha semana?
¿E o embarazo e o nacemento do primeiro fillo…?
¿E a voda dos amigos?
¿E a viaxe máis desexada?
¿E o encontro co irmán que volta dun país lonxano?
¿ Canto tempo durou o desfrutar destas situacións?
¿Horas? ¿Días?

Así, imos anotando na libreta cada intre que desfrutamos… Cada intre.

Cando alguén morre, é o noso costume abrir a súa libreta e sumar o tempo do desfrutado para escribilo sobre a tumba. Porque ese é pra nós o único e verdadeiro tempo vivido”.

Bucay.

Boas noites.

A historia dos sentimentos

Bloged in Contos by pandeiradasideral Venres Novembro 3, 2006

Contan que unha vez xuntáronse nun lugar da terra tódolos sentimentos e calidades dos homes.

Cando O ABURRIMENTO bostezara por terceira vez, A TOLEMIA, coma sempre tan tola, propostoulles: Xogamos ás agochadas?

A INTRIGA levantou a cella intrigada, e A CURIOSIDADE, sen poder conterse preguntou: ¿as agochadas? ¿E como é iso?

É un xogo - explicou A TOLEMIA- , no que eu tapo a faciana e comezo a contar desde un ata un millón mentras vós agochádesvos, e cando eu reamtase de contar, o primeiro de vós que eu atope ocupará o meu lugar para continuar o xogo.

O ENTUSIASMO bailou secundado pola EUFORIA.

A LEDICIA deu tantos saltos que rematou por convencer á DÚBIDA, e incluso á NUGALLA, á que nunca lle interesaba nada.

Pero non todos quixeron participar, A VERDADE prefiriu non agocharse; para qué? Se ó fin sempre a atopaban, a FACHENDA opinou que era un xogo moi tonto (no fondo o que lle molestaba era que a idea non fose dela) e A COBARDÍA prefiriu non arriscarse.

Un, dous, tres… comezou a contar A TOLEMIA.

A primeira en esconderse foi A PREGUIZA, que coma sempre deixouse caer trala primeira rocha do camiño.

A FÉ subiu ata o ceo e A ENVEXA agochouse trala sombra do TRIUNFO que co seu propio esforzo conseguira subir á copa da árbore máis alta.

A XENEROSIDADE case non alcanzaba a agocharrse, cada sitio que atopaba parecíalle marabilloso para algún dos seus amigos …que se un lago cristalino , ideal para A FERMOSURA, que se a rendixa dunha árbore, perfecto para A TIMIDEZ, que se o voo dunha ráfaga de vento, magnífico para A LIBERDADE. Así rematou por ocultarse nun raio de Sol.

O EGOISMO en cambio, atopou un sitio moi bo desde o comezo, ventilado, cómodo… pero só para él. A MENTIRA agochouse no fondo dos océanos (mentira, en realidade foise detrás do arco da vella) e A PAIXÓN e O DESEXO no centro dos volcáns.

O ESQUECEMENTO… esqueceume onde se agochou…pero iso non é o importante.

Cando A TOLEMIA contaba 999.999, O AMOR aínda non atopara sitio para agocharse, pois todo estaba ocupado…ata que atopou un rosal i enternecido decidiu agocharse nas súas flores.

Un millón, - contou A TOLEMIA- e comenzou a procurar.

A primeira en aparecer foi A PREGUIZA só a tres pasos dunha rocha.

Despois escoitouse Á FÉ discutindo con DEUS no ceo sobre teoloxía e Á PAiIXÓN e O DESEXO os sentiu no vibrar dos volcáns.

Nun descuido atopou á ENVEXA e claro, puido deducir onde estaba O TRIUNFO.

O EGOISMO non tivo nin que buscalo, el só saiu do seu escondite, resultara ser un niño de avispas.

De tanto camiñar sentiu sede e ó achegarse ó lago descubriu A FERMOSURA e coa DÚBIDA resultou máis doado aínda pois atopouna sentada sobre un valado sen decidir aínda de que lado agocharse.

Así foi atopando a todos, O TALENTO entre a herba fresca, Á ANGUSTIA nunha escura cova, Á MENTIRA detrás do arco da vella (mentira, se ela estaba no fondo do océano) y ata O ESQUECEMENTO…que xa se lle esquecera que estaban a xogar, pero sólo O AMOR non aparecía por ningures, A TOLEMIA buscou detrás de cada árbore, cada regato do planeta, no cumio das montañas e cando estaba por rendirse viu un rosal e as rosas… e tomou unha forca e comenzou a move-las ramas, cando de súpeto un doloroso berro ouviuse. As espiñas feriran nos ollos Ó AMOR; A TOLEMIA non sabía que facer para disculparse, chorou, implorou, pediu perdón e ata prometeu ser o seu “lazarillo”.

Desde entón, desde que por primeira vez se xogou ás agochadas na terra…

O AMOR É CEGO E A TOLEMIA SEMPRE O ACOMPAÑA.

 

PD: É o intre…

Sen “U”

Bloged in Contos, Persoal by pandeiradasideral Mércores Setembro 27, 2006

u.gif

Caminaba distraídamente por el camino y de pronto lo vio. 

Allí estaba el imponente espejo de mano, al costado del sendero, Como esperándolo. 

Se acercó, lo alzó y se miró en él. 

Se vio bien. 

No se vio tan joven , pero los años habían sido bastante bondadosos con él. 

Sin embargo, había algo desagradable en la imagen de sí mismo. 

Cierta rigidez en los gestos lo conectaba con los aspectos más agrios de la propia historia: 

La bronca, 

el desprecio, 

la agresión, 

el abandono, 

la soledad. 

Sintió la tentación de llevárselo, pero rápidamente desechó esa idea. 

Ya había bastantes cosas desagradables en el planeta para cargar con otra más. 

Decidió irse y olvidar para siempre ese camino y ese espejo insolente. 

Caminó por horas tratando de vencer la tentación de volver atrás hacia el espejo. Ese misterioso objeto lo atraía como los imanes atraen a los metales. 

Resistió y aceleró el paso. 

Tarareaba canciones infantiles para no pensar en esa imagen horrible de sí mismo. 

Corriendo, llegó a la casa donde había vivido desde siempre, se metió vestido en la cama y se tapó la cabeza con las sábanas. 

Ya no veía el exterior, ni el sendero, ni el espejo, ni la imagen de él mismo reflejada en el espejo; pero no podía evitar la memoria de esa imagen: 

la del resentimiento, 

la del dolor, 

la de la soledad, 

la del desamor, 

la del miedo, 

la del menosprecio. 

Había ciertas cosas indecibles e impensables…. 

….Pero él sabía donde había empezado todo esto. 

Empezó esa tarde, hacía treinta y tres años… 

El niño estaba tendido, llorando frente al lago el dolor del maltrato de los otros. 

Esa tarde, el niño decidió borrar, para siempre, la letra del alfabeto. 

Esa letra. 

Esa. 

La letra necesaria para nombrar al otro si está presente. 

La letra imprescindible para hablarle a los demás, al dirigirles la palabra. 

Sin manera de nombrarlos dejarían de ser deseados… 

y entonces no había motivo para sentirlos necesarios…. 

se sentiría, por fin, libre…… 

EPILOGO: 

Escribiendo sin “U” 

puedo hablar hasta el cansancio de mí, 

de lo mío, del yo, 

de lo que tengo, 

de lo que me pertenece… 

Hasta puedo escribir de él, 

de ellos 

y de los otros. 

Pero sin “U” 

no puedo hablar de ustedes, 

del tú, 

de lo vuestro. 

No puedo hablar de lo suyo, 

de lo tuyo, 

ni siquiera DE LO NUESTRO.

 

Pásame en moitas ocasións. Sinto que perdo a “u” e deixo de poder falarte. Coma se morreses coma se non existises. Eu sigo pero ti non. E se non te nomeo, se non digo “TU” non podo desfrutarte. Abócome a verme reflictido nese espello.

PD: Era necesario poñer o conto en castelán para darlle significado.

Unha de contos…

Bloged in Contos by pandeiradasideral Sábado Setembro 23, 2006

Un día Meher Baba preguntou os seus mandalíes o seguinte: Por que a xente se berra cando están enfadados?

Os homes pensaron uns intres. Porque perdemola calma -dixo un- por iso berramos.

Pero…por que berrarnos se estamos tan preto? preguntou Baba. Non é posible falar en voz baixa? Por que lle berras a unha persoa cando te enfadas?

Os homes diron algunha que outra resposta pero ningunha convencía o mestre Baba. Finalmente el explicou:

Cando dúas persoas están anfadadas os seus corazóns afástanse moito. Para cubrir esa distancia deben berrarse, para poder escoitarse. Mentres máis enfadados estean, máis forte terán que berrarse o un ó outro para poder escoitarse a través da distancia.

Logo Baba preguntou: Que acontece cando dúas persoas se namoran? Eles non berran, senon que falan suavemente. Por que? Os seus corazóns están moi preto. A distancia é moi pequena.

Baba continuou: Cando se namoran máis aínda que acontece? Non falan, soamente susurran e voltanse máis preto no seu amor. Finalmente non lles cómpre tan sequera susurrar….so se miran e iso é todo. Así é como están de preto dúas persoas cando se aman.

De seguido dixo:

Cando discutan non deixen que os seus corazóns se afasten; non digan palabras que os afasten máis; chegará un día no que sexa tanta a distancia que non atoparán máis o camiño de volta…..

 

 

Adoro os contos…..

27 queries. 0.703 seconds.
Powered by Wordpress
theme by evil.bert