Rato de biblioteca…

Bloged in Estudos by pandeiradasideral Xoves Outubro 26, 2006

para_de_estudiar.gif

Realmente é bastante aburrida a biblioteca se non teño compaña coñecida. O simple feito de que haxa alguén o meu carón faimo máis levadeiro. Así que como non había pouco que facer (teoricamente) adiqueime a observar (máis ben a espiar ou axexar) ás persoas que andaban pululando de aquí para acolá. Unha rapaza buscando un libro, unha parella estudando coas mans entrelazadas por baixo da mesa… E pensei: “se pecho os ollos, que acontecerá?” Escoitaba bater as portas da entrada, o sonido que facía o lapiceiro o suliñar do que tiña o máis cerca… “Vou concentrarme un chisco máis” E comecei a escoitar a miña respiración e despois os latexos do meu corazón. Sí. Está algo solitario pero feliz. Con ritmo. Polo momento non teño que “levalo de verbena” como dicía Fito. Grazas o vibrador do meu móbil volto á realidade. SMS. (Ben!! Por fin!!)

Ai!! Canto me custa estudar. Todo son obstáculos. Terei que concentrarme e facer de cada obstáculo un escalón.

Paz pa tos!!

Rotina

Bloged in Estudos by pandeiradasideral Mércores Outubro 11, 2006

ixion.jpg

E a seguir rodando. Coma Ixión. Volver á mesma rotina de tódolos días. Mágoa que Orfeo xa non esté para baixar ós Infernos e cantar tódolos días…

Obxectivo….cumprido??

Bloged in Estudos by pandeiradasideral Xoves Setembro 14, 2006

Non quero vender a pel do oso antes de cazala, pero coido que a partires de hoxe podo tratarte de ti a ti Florence Nightingale.

Teño unha sensación estrana. Por unha parte teño esa autorealización que sentes cando velos froitos do teu esforzo. Pola outra, teño medo. Xa me pasou nunha ocasión ter esta mesma sensación e “afundinme coma o Titanic”. Non podo permitirme o luxo de recolectar outro fracaso escolar.

 

 

Día “D”….con grande final?

Bloged in Estudos by pandeiradasideral Mércores Setembro 13, 2006

examen.gif

 

Fican máis ou menos 18 horas. Será o momento de ser ou non ser. Estaremos os meus coñecementos e máis eu plantados diante dun papel, sen máis armas cun bolígrafo. Será unha terrible loita: “Ave Raúl: morituri te salutant”; xa veremos cal é o final. Despois virá o momento de celebrar ou lamentarse e acordarse, non positivamente, da familia do profesor.

Estou tranquilo. Reflexivo. Descansado…. Donas e cabaleiros… QUE COMECE O ESPECTÁCULO!!

 

 

PD: A foto é pra quitarlle algo de ferro ó asunto…xD

27 queries. 0.572 seconds.
Powered by Wordpress
theme by evil.bert