“El pantalón no engaña…”

Bloged in Unha historia do cotiá by pandeiradasideral Martes Decembro 19, 2006

Ai meu Deus!! Nunca cheguei a pensar que me fose a acontecer… pero non entro no pantalón do traxe jajajaja. Faime un efecto “perna achourizada”. Eu que o ía a poñer en fin de ano por iso de que se o tes polo menos poñelo e ademais como din que os homes lucimos máis con el… pero que lle imos facer…non se poderá repetir o modeliño graduación.

Boas noites

SMS

Bloged in Unha historia do cotiá by pandeiradasideral Luns Decembro 11, 2006

A dor de espalda non me deixaba coller o sono, así que decidín facer unha limpeza de sms no móbil. Eu debo de ter “Síndrome de Diógenes” para as sms xa que había para dar e tomar dende xuño. Había case 200. E os enviados íanlle a “rebufo”. Dende “jugamos el sábado a las 7 en el pazito” ata “si puedes lleva el cd a la noche” pasando por un “me encantas” ou felicitacións de cumpreanos. De tódolos xeitos hai cousas que non cambian e aínda que as volvas a ler 40.000 veces seguen a porche a 180 pulsos por minuto.

PD: xa é oficial. Comezo de fabricación dos meus regalos e de compras de nadal. Paso de aglomeracións.

Chamada perdida…

Bloged in Unha historia do cotiá by pandeiradasideral Xoves Decembro 7, 2006

Parece mentira que unha chamada perdida nun móbil poda cambiarte a cara. :-). Eu moitas veces o fago coma un sinal de “boas noites”. É un costume que me pegou unha amiga miña. Polo menos fíxome pensar que aínda se lembran de min…

Boas noites.

PD: “Nunca deixes de sorrir, incluso cando esteas triste. Nunca sabes quen se pode namorar da teu sorriso” Hala…a aplicarse o conto.

Barceloooooona…

Bloged in Persoal, Unha historia do cotiá by pandeiradasideral Sábado Decembro 2, 2006

Coido que é a primeira vez que quedei coa boca aberta e que eu o lembre. Estaba en Póvoa de Varzim de vacacións e tiña 7 anos. Estaba co meu pai no salón do hotel. Vin como Epi acendía o seu facho olímpico e comezaba a percorrer a pista de atletismo do campo de Montjuic. Achegouse ata un arqueiro e prendeulle a súa flecha. Eu casi nin respiraba nin pestaneaba vendo as imaxes da televisión. Os portugueses non pararan de dicir durante toda a cerimonia “ohhh muito bonito; incrível”. De súpeto todo o estadio calou e non paraban de verse as luces dos flash das cámaras. Apuntou e disparou. “Acertó papá!” Meu pai levou as mans a cabeza. A unha señora, tamén española, escapóuselle unha bágoa…

“por qué llora, papá?”

“Porque es magia” contestoume.

Todavía é hoxe e pónseme a pel de pita ó velo.

PD: Cada vez teño as cousas moito máis claras. :)

Unha fiestra aberta…

Bloged in Unha historia do cotiá by pandeiradasideral Martes Outubro 31, 2006

Aaaa0002.jpg

Tentaba aumenta-los meus coñecementos. Pero era incapaz. Así que saín á fiestra a ver que se “cocía” polas rúas do meu barrio. O de sempre. Xente que sae do súper, repartidores, xubilados supervisando obras… De súpeto vexo que me abanean os brazos dende abaixo. Poño as gafas (”son para verte mejor” penso). É o meu tío. Dime que baixe e como non facía nada do outro mundo pois baixo. Comezamos a falar.

-No trabajas hoy?

-Ya salí. Es lo que tiene el horario nocturno. Oes… Me dijeron el otro día que juegas mucho al despiste.

-?? En que sentido. Y quién te lo dijo?

- Una conocida tuya. Que me dijo que te hacías mucho el despistado.

-Non sei. No me lo hago. Lo soy.

-Ya…claro… Ya se lo dije yo. Que dabas esa sensación pero es porque realmente lo eres. Y que eras muy buen rapaz. Que solo tenías el defecto de ser del Madrid…

- Pero que me estabas intentando vender? Jaja

-Y el baloncesto qué? Mejor no pregunto no? jaja

-Vamos mejorando. A ver si me vienes a ver un día que a ti te gusta… Vi ayer a tu hijo con su nuevo look melenudo.

-Vaya crápula. A ese le voy a andar yo en la chepa… Bueno toma. Unas cebollas que traigo de Ordelles. Me voy al gimnasio que si no después no me compensa. Dile a tu padre que cuando esté en casa me llame pa mirar lo de las flores de la abuela.

-Ok. Hala…que che medre…

Subo cara casa ca bolsa de cebolas xigantescas. E póñome a mirar outra vez pola fiestra… Sinto que é coma unha vía de escape para min. Igual é unha fiestra máxica que me desconecta de todo e me fai imaxinar e fantasear. Non sei… É especial.

27 queries. 0.614 seconds.
Powered by Wordpress
theme by evil.bert