Vergonza…

Bloged in "Viviendo la magia del basket" by pandeiradasideral Domingo Marzo 18, 2007

Dícese do sentimento que sofre unha persoa cando é humillada.

É o único que sentín o sábado. Ver que a locomotora non ten vagóns que lle sigan no camiño non é plato de gusto. Sempre crin que con vontade todo se pode, pero creo que se está vindo abaixo este principio. Tanto me tocou que pola noite sentinme coma  un zombie vagando por rúas de xente e iso que estaba ateigada de xente. Teño claro que esto non me dá de comer que só o fago por diversión, pero se esto último non funciona haberá que replantexarse moitas cousas.

E como non o domingo máis do mesmo. 19 puntos que non serviron para nada. Desfondarme ata chegar extenuado no vestiario. Polo menos tiven a grata sorpresa de ter o meu pai coma siareiro de excepción. Apareceu por alí como quen non quere a cousa e o rematar o partido: “no es por amor de padre pero has sido el mejor con diferencia. Le has puesto huevos al asunto” Vindo de meu pai todo un halago. Polo menos funme contento para casa. Fíxome esquecer todo o acontecido.

Cristal de bohemia…

Bloged in "Viviendo la magia del basket" by pandeiradasideral Domingo Xaneiro 28, 2007

No diccionario do jugón de Andrés Montes ven a dicir, aproximadamente, xogador de calidade que case sempre está lesionado. No meu caso o de calidade vai escaso jeje.

Pois creo que ese vai a ser o meu alcume a partires de agora. Co número 12… A. “Cristal de Bohemia” Blanco!! Como din Los Suaves….”Esta vida me va a matar…”

Mono…

Bloged in "Viviendo la magia del basket" by pandeiradasideral Martes Xaneiro 16, 2007

basketball-ball.jpg

Aínda que hoxe no adestramento un ollo se me puxese de loito, teño un mono de partido que non podo con el. Só espero non ter que chegar a terapia substitutiva con metadona.

Mutombo…

Bloged in "Viviendo la magia del basket" by pandeiradasideral Martes Decembro 12, 2006

dikembemutombo3.jpg

O outro día presentáronme coma q era igual xogando o tipo este. Evidentemente non lle chego nin “a la suela de sus zapatos”. Por certo…que gran merda voltar a xogar o domingo pola mañá ás 11.30. O sábado non se sae…ou sí?

Volare…

Bloged in "Viviendo la magia del basket" by pandeiradasideral Mércores Decembro 6, 2006

Nalgún intre recoñezo que me gustaría poder voar para esquecerme das preocupacións. Polo momento téñome que conformar co baloncesto. Así que hoxe pola noite “pachanguita baloncestística” pra botar unhas risas. (isto último sona un pouco a malote).

PD: Pola contra o tipo iste voa e xoga o basket. Algún día eu tamén serei capaz de facelo. (De ilusións tamén se vive)

Merda!…

Bloged in "Viviendo la magia del basket" by pandeiradasideral Sábado Outubro 28, 2006

Nate-Pool---400.jpg

De dous e na prórroga :(

 PD: O camiño do esforzo lévanos á meta do éxito….

Ladies & Gentlemen…

Bloged in "Viviendo la magia del basket" by pandeiradasideral Xoves Outubro 5, 2006

fotsis.jpg

 Comeza o espectáculo….. Domingo 8 de outubro ás 7 da tarde.

I Love this game…

Showtime TV

Bloged in "Viviendo la magia del basket", Caixón de xastre ou desastre?? by pandeiradasideral Xoves Setembro 21, 2006

montes3.jpg 

 Que sorte a túa por haberme coñecido…….

Gústame esta maneira de despedirse….

I love this game…..

Bloged in "Viviendo la magia del basket" by pandeiradasideral Martes Setembro 19, 2006

ssg-umj-mij-16a.jpg 

 Nunca pensei que me puidese chegar a enamorar dun deporte. Ademáis eu era “futboleiro”!!!!!

Faime desconectar; mantenme en forma; aumenta o meu espírito de sacrificio; coñezo xente; encántame.

Por iso e moito máis….I LOVE THIS GAME

27 queries. 0.920 seconds.
Powered by Wordpress
theme by evil.bert