Pasotismo desorbitado

Dáme a sensación de que non sei o que estou facendo. Nin do que quero. Sempre me pareceu que a indiferencia era un dos grandes males da humanidade, pero ultimamente estame dando igual todo. Estou nunha fase de “pasotismo desorbitado”. A miña avoa relacionaríao co tempo metereolóxico; eu creo que non é esa a causa. É coma se estivese descolocado buscando o meu sitio. Non sei…será unha consecuencia de que non son capaz de asimilar tantas novas informacións de súpeto.

Esta entrada foi publicada en Persoal. Garda a ligazón permanente.