Ollos…

Estaba buscando unhas cousas pola miña habiración (parece como se o Katrina pasase pola miña mesa) e meu pai andaba a ver a tele. Debía de ter posto algún canal destes de documentais do Digital+. Namentres seguía rebulindo estaba escoitando a ver o que dicían. Era algo así coma que os ollos son o espello da alma. Que se pode saber moito das persoas a través do seu ollar. E que ninguén pode mentir a través dos ollos. Despois demostraba a base científica do dito. Que se andabamos a mentir que as pupilas trocaban o seu tamaño e bla bla bla. Eu quedei pensando. “Picoume a curiosidade” e díxenme a min mesmo: “Que se ve a través dos meus ollos?”

E ti…serías capaz de dicirme que ves nos meus ollos cando me miras??

Esta entrada foi publicada en Persoal. Garda a ligazón permanente.