O barrio tamén pode soñar…

A rúa sen luces. Está todo escuro. Nin unha soa persoa nelas. Un silencio sepulcral. E a brétema que me impide ver as montañas que se poden observar desde o meu portal. Nin tan seuquera o mitas veces molesto camión de recoller o lixo; ese que non ten os parafusos engraxados e fai un ruido de mil demonios espertando a todo o barrio. Penso que é a primeira vez que vexo durmir o meu barrio. Creo que el tamén pode soñar por momentos…

E ti… soña tamén. Co que máis te apeteza. Ti eres o únic@ don@ dos teus soños… loita para que non chos rouben.

Esta entrada foi publicada en Caixón de xastre ou desastre??, Unha historia coma outra calquera. Garda a ligazón permanente.