34 anos…

Fai 34 anos que casaron este 21 de xaneiro que xa está reamtando. Veciños de toda a vida. Ela do 2º e el do 5º. Non se pode dicir que pasasen moitas penurias, pero moito tempo el estivo fóra polo traballo. Como igual uns 14 anos no que só viña a fin de semana. Sempre me din que a primeira canción que bailaron foi “El mundo” de Jimmy Fontana. Cos seus máis e os seus menos 34 (realmente 40) anos de amor e humor. Creo que nunca chegarán a ler isto meus pais, pero dende aquí a miña homenaxe: FELIZ ANIVERSARIO

Esta entrada foi publicada en Persoal. Garda a ligazón permanente.