Xa está chegando…

Entre que teño o nocello escangallado e o meu ordenador está na antesala da morte teño o blog abandoado cual “cadelo rueiro”. Realmente pouco é o que me acontece como para poñer algo substancial. Unicamente dicir que xa chega o tan ansiado entroido, festa na que case todo se permite. E para mostra un botón: o ex-concelleiro de deportes, que tódolos anos rapaba o seu espeso e rechamante mostacho e máis as súas pernas para vestir de cortesana, doncella, cabareteira, fulana ou puta (como queirades escoller). E outra mostra: Eu de plátano. Aquela noite saín fisicamente malparado, pero como din por aí… sóplame o cara… (o membro fálico). Paseino de puta nai e se este ano é a metade do anterior, non direi que me conformo pero mal non estaría.

Noutro orde de cousas. felicitar dende aquí a rapaza que teño que convidar á vindeira churrascada que organice na miña humilde morada. A cumplir moitos máis.

Saúdos a todo o mundo.

Esta entrada foi publicada en Caixón de xastre ou desastre??. Garda a ligazón permanente.

2 respostas a Xa está chegando…

  1. o iago(boneco de primeiros auxilios) di:

    pois eu querote ver coma un coiro no entroido…..
    porque vaise cocer dunha forma q non vai ser normal…xDDDD

    e como falo en nome de todos…….quén é esa rapaza????

    xDDD

    bicos

  2. Eu non me “cuezo”…me “enriquezco”…

Os comentarios están pechados.