Vergonza…

Dícese do sentimento que sofre unha persoa cando é humillada.

É o único que sentín o sábado. Ver que a locomotora non ten vagóns que lle sigan no camiño non é plato de gusto. Sempre crin que con vontade todo se pode, pero creo que se está vindo abaixo este principio. Tanto me tocou que pola noite sentinme coma  un zombie vagando por rúas de xente e iso que estaba ateigada de xente. Teño claro que esto non me dá de comer que só o fago por diversión, pero se esto último non funciona haberá que replantexarse moitas cousas.

E como non o domingo máis do mesmo. 19 puntos que non serviron para nada. Desfondarme ata chegar extenuado no vestiario. Polo menos tiven a grata sorpresa de ter o meu pai coma siareiro de excepción. Apareceu por alí como quen non quere a cousa e o rematar o partido: “no es por amor de padre pero has sido el mejor con diferencia. Le has puesto huevos al asunto” Vindo de meu pai todo un halago. Polo menos funme contento para casa. Fíxome esquecer todo o acontecido.

Esta entrada foi publicada en "Viviendo la magia del basket". Garda a ligazón permanente.