Falta de iniciativa…

Sei que o que me mata é a miña falta de iniciativa e o estar nunha dúbida constante. Cando me decido porque teño unha arroutada decátome de que o momento era… xa fai tempo. Necesito ser máis impulsivo, deixar de analizar tan detidamente os “pros e os contras”. O tempo pasa moi rápido como para perder o tempo afogado nun mar de dúbidas.

Esta entrada foi publicada en Persoal. Garda a ligazón permanente.