Tecnoloxía…

Despois de renovar lixeiramente a tecnoloxía na miña casa, por fin podo ver películas en dvd coma o resto dos mortales. Non fai moito, unha señorita tentaba venderme por teléfono unha serie de dvd’s do grupo crtvg, pero non me lembro que materia tiñan. Eu contesteille que non tiña dvd e ela cría que o que quería era desfacerme dela para que non me amolase máis. E así mo expuso moi educadamente. A miña resposta foi entre risas…. “jajaja non…en serio..que non teño”. Silencio. Á señorita xa lle daba igual venderme os seus dvd´s. Agora só lle importaba a miña vida privada. “Pero como fas para o videoclub??… en serio que non tes?” a miña resposta foi moi simple. “Pois é que non vou moito o videoclub. Ademais….agora mesmo estoume decatando de que son un pouco Amish… e que non te pareza mal pero é que vou chegar tarde a un sitio e esto non é por desfacerme de ti tampouco…tamén é certo” “todavía non creo o do dvd…. Bueno pois que teñas bo día”

Por fin estou algo máis acorde cos tempos que corren…

Esta entrada foi publicada en Persoal. Garda a ligazón permanente.