Fe…

Non sei ata que punto a fe move montañas… Eu creo máis na terreal que na celestial. Creo máis na mestura de fe e vontade, posto que con esta última todo se pode. Hai intres que pensas que podes facer o que sexa… menos mal que sempre hai alguén que chega e te lembra unha e outra vez que nunca poderás camiñar por riba das augas… Penso que, ás veces, o meu cerebro está feito a base de alpiste porque se me enche de paxaros a cabeza…

Esta entrada foi publicada en Persoal. Garda a ligazón permanente.