Facíame Dios mil favores…

“Por favor Ándres, cuéntanos tu mayor borrachera… que tenemos entendido que es demasiado” Así foi como me recibiron dous colegas ademais de darme dous bicos (porque entre os meus amigos dámonos bicos que nos queremos moito).

O caso é que é unha historia para contar e xa que hoxe, aínda non sei o motivo, erguinme moi xocoso, pois é de mester contalo.

Verán de 2005. Agosto. Venres. Disto que me chama un amigo meu e me di: “Andresito (daquelas era Andresito e non Ándres) tomamos una de tranquis??” A miña resposta foi un sí… Digamos que entre as tonterías tomamos 5 copiñas de coñac pero cheas de LK e despois pois outros tantos chupitos dun brebaxe denominado “Gold Strike” e coñecido coma Licor de Ouro e algún que outro tequila tamén foi pola gorxa abaixo. O caso é que con semellante inxesta de alcohol aínda razoaba aceptablemente. Esa mesma noite, ademais de ver algunha compañeira de clase que quedou algo alucinada, vin a miña irmá, que esa mesma noite enterouse de que non era abstemio polo meu comportamento xa que eu non son dado ás mostras de cariño para con ela. Salvoume que ela non ía moito mellor ca min.

Pero o bonito da historia é o “e quando arrivo a casa”. Lémbrome de meter a chave a iso das 7 e pico e despois o seguinte que lembro foi espertar ás 10 no baño coa cabeza enriba do váter (ou case que metida). Debido a unha “mala postura” para durmir tiña as pernas totalmente durmidas, polo que non respostaban as miñas ordes así que tiven que ir á cama arrastrándome polo pasillo a modo de recluta americano a través do fango, coma esas pelis nas que sae a escea que pasan por baixo duns arames de espiño. Subía a cama como puiden e a durmir.

E estaredes pensando que durmiría ata as tantas… pois non! Queda máis. O espertador toca ás 11 para ir ó pobo. Érgome aínda perxudicado. Media hora na ducha que non serve pra nada. Chamo o meu avó para que leve el o coche “que a min esqueceume a ‘L’ do coche no pobo e non me arrisco a que me multen” (era o primeiro que se me veu a cabeciña) Así que despois monto no coche. E a sufrir.  Miña avoa que vén da perruquería: “neniño que mala cara tes” monto atrás no coche e a miña sorpresa é que comparto asento cas empanadas que xunto co cheiro da laca que lle botaron á miña avoa no pelo é que é cuspidiño ó cheiro do licor de ouro fixeron que fosen os 11 quilómetros máis longos da miña vida. Cando chego dou unha volta pola finca para despexarme e a papar. Menú do día: fígado con patacas mmm que rico. O único que pensaba naquel intre era aquelo de: ‘Facíame Dios mil favores’…A sobremesa de volta na cidade… xa se imaxina….

PD: Víctor aquí a tes…

Esta entrada foi publicada en Persoal. Garda a ligazón permanente.

Unha resposta a Facíame Dios mil favores…

  1. jajajajajjajjajjajaj grande grande grande!!!!
    esa xa ma contaras….jojojojojo pero estivo ben lembrala!! ai!!! as empanadas… jajajajajaj

    e o que máis me gustou foi o de Andresito… 😀
    jajajajaja

Os comentarios están pechados.