Unha de contos…

Un día Meher Baba preguntou os seus mandalíes o seguinte: Por que a xente se berra cando están enfadados?

Os homes pensaron uns intres. Porque perdemola calma -dixo un- por iso berramos.

Pero…por que berrarnos se estamos tan preto? preguntou Baba. Non é posible falar en voz baixa? Por que lle berras a unha persoa cando te enfadas?

Os homes diron algunha que outra resposta pero ningunha convencía o mestre Baba. Finalmente el explicou:

Cando dúas persoas están anfadadas os seus corazóns afástanse moito. Para cubrir esa distancia deben berrarse, para poder escoitarse. Mentres máis enfadados estean, máis forte terán que berrarse o un ó outro para poder escoitarse a través da distancia.

Logo Baba preguntou: Que acontece cando dúas persoas se namoran? Eles non berran, senon que falan suavemente. Por que? Os seus corazóns están moi preto. A distancia é moi pequena.

Baba continuou: Cando se namoran máis aínda que acontece? Non falan, soamente susurran e voltanse máis preto no seu amor. Finalmente non lles cómpre tan sequera susurrar….so se miran e iso é todo. Así é como están de preto dúas persoas cando se aman.

De seguido dixo:

Cando discutan non deixen que os seus corazóns se afasten; non digan palabras que os afasten máis; chegará un día no que sexa tanta a distancia que non atoparán máis o camiño de volta…..

 

 

Adoro os contos…..

Esta entrada foi publicada en Contos. Garda a ligazón permanente.

3 respostas a Unha de contos…

  1. “cuéntame un cuento y verás que contenta me voy a la cama y tengo dulces sueños”

    precioso 🙂 doces soños

  2. Lobishome di:

    Si, tes moito conto si. Fermoso Mister Andres

  3. Víctor…faite un blog dunha vez que o estás desexando… xD

Os comentarios están pechados.