Corazón de xiz…

Esta tarde camiñando vino. Un corazón de xiz na parede…e tiña o meu nome dentro!! Nin que fose sacado da canción de Radio Futura. A mágoa é que non había nome q o fixese compaña.

Aínda que non se referise a min (ou sí, cousa que dubido moito) fíxome ilusión velo. Coma se fose un adolescente que só actúa como resultado do ir e vir das súas hormonas. Pode ser que algo estea a cambiar en min.Non o sei. É raro. 

Esta entrada foi publicada en Persoal. Garda a ligazón permanente.

3 respostas a Corazón de xiz…

  1. será que alguén che manda sinais e non te enteras, ou alguén que o escribiu fai anos… a saber! 🙂 a min pasoume algo parecido hai uns días cando volvía a casa despois dun exame que me saíra mal e xusto de camiño a casa atópome cunha pintada nunha parede branca feita con esprai vermello:

    “TE KIERO GUAPÍSIMA
    1000 BESOS
    ¡ÁNIMO!”

    e alégraronme o día xDD gústame pensar que non estamos tan sós como pensamos. o universo acordouse de nós!!!

  2. Pode ser que o Universo conspire contra todos nós. O caso é que cando menos foi curioso o asunto. 🙂

  3. Pingback: Buy Ultram

Os comentarios están pechados.