Casualidades…

Ía paseniño. Como lle gustaba. Atopuse, por casualidade, a un coñecido e este avisouno de que por outro lado tamén o estaban a saudar. Nun primeiro intre fíxose o “sueco” pero non tardou moito en respostar o saúdo. “Polo menos hai que ser educado” cavilou. Convidárono a sentar e falar un pouco e non o rexeitou. O coñecido non lle quitaba ollo de enriba. Observaba os seus movementos. Se cadra nunca o vira tan solto. Os seus amigos decidiron irse. Estaban cansos ou querían dar outra volta. Animárono a que quedase alí. Nun primeiro intre pensou que se ía arrepentir de continuar alí. Despois, pasado un tempo (tampouco moito) cre que o simple feito de sentar alí, naquel intre puido ser do mellor que lle aconteceu. Mágoa non ter unha máquina do tempo pra repetir. 

 Coma en “Los Amantes del Círculo Polar” podería contar a súa vida unindo casualidades. E estaba agardando outra. A máis grande da súa vida.

 

Hai persoas que non cren nas casualidades. Eu sí.

Esta entrada foi publicada en Caixón de xastre ou desastre??. Garda a ligazón permanente.

Unha resposta a Casualidades…

  1. para min non son casualidades. moitas veces son algo máis grande, estraño e indefinido. algo que me encanta e que vai máis alá do meu entendemento. son sinais de que vas polo teu camiño, de que non te confundiches de ruta. por iso digo que non creo nelas, porque detrás hai maxia, ou iso me gusta crer a min. non azar e sorte. négome a crelo, dimo o corazón

    e si, gracias a elas coñecín as persoas máis importantes da miña vida. de feito, toda eu son unha casualidade (xemelas bivitelinas, xa sabes). si, nese sentido tamén creo nelas. non sei se me explico…

    ese filme é tamén das miñas favoritas, e como case todos os filmes de Julio Medem trata o tema das casualidades. se ti queres que volva a pasar, pasará. non esquezas que o universo conspira sempre ao noso favor. 😉

    un saúdo!

Os comentarios están pechados.