Rato de biblioteca…

para_de_estudiar.gif

Realmente é bastante aburrida a biblioteca se non teño compaña coñecida. O simple feito de que haxa alguén o meu carón faimo máis levadeiro. Así que como non había pouco que facer (teoricamente) adiqueime a observar (máis ben a espiar ou axexar) ás persoas que andaban pululando de aquí para acolá. Unha rapaza buscando un libro, unha parella estudando coas mans entrelazadas por baixo da mesa… E pensei: “se pecho os ollos, que acontecerá?” Escoitaba bater as portas da entrada, o sonido que facía o lapiceiro o suliñar do que tiña o máis cerca… “Vou concentrarme un chisco máis” E comecei a escoitar a miña respiración e despois os latexos do meu corazón. Sí. Está algo solitario pero feliz. Con ritmo. Polo momento non teño que “levalo de verbena” como dicía Fito. Grazas o vibrador do meu móbil volto á realidade. SMS. (Ben!! Por fin!!)

Ai!! Canto me custa estudar. Todo son obstáculos. Terei que concentrarme e facer de cada obstáculo un escalón.

Paz pa tos!!

Esta entrada foi publicada en Estudos. Garda a ligazón permanente.

Unha resposta a Rato de biblioteca…

  1. julito di:

    Moi ben Sr. Ándres, tenta concentrarte que hai que intentar superar as Oposicións. Imaxina que te sae xenial e pásate esto:
    http://www.lavozdegalicia.es/inicio/noticia.jsp?CAT=102&TEXTO=5229685

Os comentarios están pechados.