Agasallo…

confezione_regalo.jpg

Tódolos días danche agasallos. Só hai que ser capaz de velos. Dende un sorriso adicado especialmente para ti ata tomar un café con algún amigo ou incluso o simple feito de que compartan algo contigo. Os agasallos non teñen que ir envoltos con papel por fóra. Dase a circunstancia de que moitas veces os mellores non son os máis caros. Ás veces son abstractos ou intanxibles. Aínda lembro o mellor que me fixeron. Non era nin o meu cumpreanos nin o meu santo. Téñense que dar moitas circunstancias para que se volte a repetir e, sen dúbida, non vai ser o mesmo, pero non me importaría que voltase a acontecer.

 PD: Feliz día de Samaín a tod@s (que Halloween nin que farrapos de gaitas…)

 

Esta entrada foi publicada en Persoal. Garda a ligazón permanente.

3 respostas a Agasallo…

  1. a min o mellor regalo que me fixeron foi atoparme a min mesma 😀 feliz santo!!!

  2. Home… o meu santo é o 30 de novembro…. aínda queda jeje.

  3. joer… jajajjaaj pero se mo tiveches que repetir dúas veces o sábado!!! ainssss a miña cabesiña…. sorry! 😉

Os comentarios están pechados.