Pesadelos

O único que se aprende nos pesadelos é querer saír de eles…

Publicado en Caixón de xastre ou desastre?? | Comentarios desactivados en Pesadelos

Serían 78

Hoxe tería cumpridos 78 anos. Bótase moito de menos. Onde queira que andes agora… un bico.

Publicado en Persoal | 2 Comentarios

Preguntas…

Dende que nos erguemos ata que nos deitamos estamos todo o tempo facéndonos preguntas. A maioría delas ten fácil resposta. Sen embargo hai outras nas que a resposta é moito máis complexa porque temos medo a ela. Pero… que pasa se a resposta é aquela que queremos oir? Pois o que pasa é que aí comeza a felicidade.

Publicado en Persoal | 1 Comentario

Rainin’ In Paradize

[gv data=”sz1Nu7pC-WU” width=”425″ height=”350″][/gv]

Publicado en "Si te preguntan que emisora escuchas..." | Comentarios desactivados en Rainin’ In Paradize

Mudo

Estou mudo.Nin tan sequera teño verbas de agradecemento porque con calquera cousa que diga quedaría curto. Soamente podo dicir que xa sodes propietarios dunha parcela no meu corazón.

Alex, Bea, Fran, Isa,  Karola, Marcos, Miguel, Mila, Millán, Saray, Txichón e Zara. Millóns de grazas.

Publicado en Persoal | 1 Comentario

^^

Voume ca música a outra parte. Ata pronto

Publicado en Persoal | Comentarios desactivados en ^^

A ou B…

Xa teño eu bastante problema para decidir entre dúas opcións, para que de súpeto se me veñan enriba 50000 cousas á vez (bueno 50 mil non pero unhas cantas sí). Para unhas cousas tan impulsivo e para outras tan reflexivo que a estatua do pensador tería que estar feita en homenaxe a min. Creo que xa o dixen algunha que outra vez. Un dos meus centos de defectos é a indecisión; que sempre necesite un empurrón. Sempre me matou o A ou B…

Publicado en Persoal | Comentarios desactivados en A ou B…

Aturar estoicamente…

Cando vas cheirando dende fai uns cantos días que te vai caer un puteo monumental só queda mentalizarte para acaparar toda a paciencia (coma se fose un fraile franciscano) existente no mundo e aturar estoicamente o aluvión.

Publicado en Persoal | Comentarios desactivados en Aturar estoicamente…

Lei de Murphy número 1

Hai leis de Murphy que son implacables…

A terribilidade dos luns é directamente proporcional a cantidade de inxesta etílica da fin de semana.

Publicado en Leis de Murphy | 1 Comentario

Tempo libre…

Cando tes moito tempo libre tes moito tempo para reflexionar, experimentar e actuar. Pensar sobre os erros que cometiches nas datas pasadas máis próximas para non volver a caer neles; pero ben é sabido que o home é o único animal que tropeza dúas veces na mesma pedra. No meu caso dúas e tres e catro… Tamén pensar que facer tan doado ás veces e tan sumamente complicado outras…

Tempo para experimentar con drogas que entran polo canal auditivo. Ben sexa música convencional (moi adictiva) ou I-Doser  que o que podes conseguir é unha tremenda dor de cabeza ou o agardado colocón.

Agora só falta o actuar…

Publicado en Persoal | 1 Comentario